A Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros viaxa ao Medievo co grupo de teatro municipal de Ribeira

Grupo de Teatro de ribeira-Foto-Diario de Arousa

Continúa a XV Mostra de Teatro Xosé Agrelo. Despois do éxito da visita do grupo mazaricán Teatro da Troula, este sábado 6 de maio toca representación de "O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)", do grupo municipal de teatro de Ribeira.

Dirixida por Óscar Romero, o grupo municipal de teatro de Ribeira pón en escena un espectáculo de humor en verso; unha comedia con moitos enredos e bastante retranca, coa intención de conseguir que o público esqueza os seus problemas diarios e goce do teatro, do humor e da sátira para rematar esmendrellándose coa risa.
Ambientada no medievo goza dun vestiario espectacular, dunha escenografía que combina elementos tradicionais e novas técnicas de luz e son para unha posta en escena final que non deixará a ninguén indiferente.

Teatro loca

Ao sábado seguinte, o día 13, comezarán as representacións das compañías locais, que nos deixarán unha proba do seu traballo coas seguintes representacións. A primeira será Aquelando Teatro de Muros, con “Aqueles sesenta” (20:30h).

O luns 15 de maio, ás 12:00 h, Grupo de Teatro do Centro Ocupacional de Valadares trae “A Consulta Tola”, dirixida por María do Carme Estévez..

Ademais, a A.C. O Xeito de Esteiro, terá triple función coa obra “A Faneca Brava”, dirixira por Xosé Taxes: xoves 18 de maio, ás 10:30h e 12:00 horas e sábado 20 de maio, ás 20:30 h.

Todas estas funcións terán lugar no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros. As entradas son de balde, ate completar aforo, mais poden ser reservadas por anticipación nas oficinas do centro cultural e polos métodos habituais.

E para completar o programa representarase no Curro da Praza o día 17 de maio, o easpectáculo de Xatope Tulú “ A Lingoreteira”.