O vindeiro sábado, 27 de febreiro, Muros ulirá a empanada. E diso encargaránse os membros da asociación animalista ANAJATA que, en colaboración co concello de Muros, hostaleiros, panadeiros e outros establecementos da vila, están a organizar o 1º puzzle xigante de empanada "EmpanadARTE 2016". Nesta xornada gastronómica, que nace con fins solidarios, mesturaranse a partes iguais Arte, sabor e diversión.
O evento comeza ás 11 horas no mercado de Abastos Muros onde se expoñerá esta macro empanada. O “prato forte” da xornada será a degustación coa degustación deste prato tan típico na comunidade. Os visitantes poderán degustar racións de case medio cento de empanadas elaboradas e doadas por ducias de locais de hostalería, panaderías, comercios e outras entidades de todo o concello. O singular deste evento, será a presentación destas empanadas, xa que a idea da organización é elaborar unha figura representativa da vila con todas as empanadas doadas.
Ademais, ao longo de todo o día celebraranseactividades para todos os públicos. O evento pecharase cun concerto de música en directo a cargo do cantautor local Jose Regueira. Este concerto, enmarcase dentro dos concertos Acústicos no Mercado de Abastos de Muros, os cales se levarán a cabo durante tres sábados seguidos, co fin de promocionar a praza do Mercado e colaborar solidariamente ca citada asociación animalista.
A recadación da xornada, destinarase a por en marcha distintos proxectos que a asociación animalista ANAJATA está a desenvolver en defensa dos animais no concello de Muros.
Novas relacionadas