O PP de Muros esixe o cumprimento dos acordos plenarios en relación co casco histórico
No pleno celebrado o día 28 de xullo acordouse a execución, con carácter inmediato, dunha serie de medidas, previas á elaboración e aprobación dun plan de dinamización económica do casco. O obxectivo que se perseguía era que no que restaba de verán, o mes de agosto básicamente, os establecementos comerciais e de servizos situados nas rúas de arriba puderan beneficiarse da aplicación destas medidas.
Pero como recorda o PP de Muros, “a data de hoxe, prácticamente rematado o mes de agosto, non se executou ningunha das medidas acordadas: non se recolleu o cableado da rúa Príncipe, non se acondicionou a praza de Galicia, non se instalaron os postos do mercadillo na súa ubicación orixinal, non se elaborou ningunha campaña informativa, …”.
Segundo a voceira Inés Monteagudo, “a actividade económica no casco histórico de Muros esta pasando por un momento difícil, que se traduce no peche de establecementos e na baixa rendabilidade dos que se manteñen. Mención especial merece a situación do Mercado de Abastos, no que quedan tres establecementos abertos, e que día a día vai esmorecendo”. Por iso, tampouco entenden que “o goberno local de CxG pretende dar cumplimento a este acordo cedendo o edificio do mercado para que as asociacións organicen actividades. Alegrámonos de que as asociacións organicen eventos no mercado, pero darlle un uso ao edificio non era o obxectivo nen a finalidade do acordo plenario adoptado”. Estas accións “contribúen a que esta situación se agrave, declarándose incapaz de poñerlle remedio”, conclúen.
Acordo plenario sobre o casco vello
As medidas acordadas foron as seguintes:
- Supresión dos bolardos e dos bancos unipersoais da Praza de Galicia, habilitación de espazo para carga e descarga na praza e arredores, con horario e estacionamento limitado.
- Elaboración de campañas publicitarias que conviden a residentes e visitantes a mercar no Casco Histórico e na Praza de Abastos.
- Que na programación de actividades durante o ano se teñan en conta os espazos da denominada rúa de arriba, e se inclúan actuacións de ocio que atraian público cara a esta zona.
- Que se fixe como un obxectivo reorganizar os postos do mercado ambulante nas rúas Real e Axesta.
- A constitución dunha mesa sectorial que se encargue de elaborar un programa de dinamización do Casco Histórico de Muros, na que estean representados comerciantes e outros sectores da poboación afectada.
- Que se proceda á recollida do cableado “colgado” na rúa que vai dende a rúa Real á praza da Pescadería, e se dote de papeleiras a zona.”
- Creación dunha comisión informativa específica para a elaboración e seguimento do plan.
- Que antedita Comisión teña un periodicidade mensual.
Recollida de lixo
A pesar de existir un servizo de recollida de enseres o certo é que non está a funcionar como debera, xa sexa por disfuncións no sistema ou por descoñecemento da poboación. Neste sentido, o PP pediu nos últimos plenos que “se puxera en marcha unha campaña informativa para recordar aos veciños de Muros a existencia deste servizo e como funciona, incluíndo a colocación de carteis informativos nos propios contedores de lixo ou nos puntos de recollida. O goberno local, coa desidia e desinterés que o caracteriza, non fixo nin unha cousa nen a outra. A alcaldesa e os concelleiros de CxG non poden mirar para outro lado, escudándose en que non é o concello o que ten que recoller os enseres.”
Os cheiros dos contedores nestes días de calor tamén son unha queixa habitual dos veciños.
Fonte
- PP de Muros.