Volve o teatro a Muros ca IX Mostra Xosé Agrelo
16 de abril de 2015 (20:00 h.)
Non falla a IX Mostra de Teatro Xosé Agrelo, que chega á súa 9ª edición. Unha edición especial, pois este curso se baralla a posibilidade de que Xosé Agrelo sexa homenaxeado polo Días Letras Galegas do 2017. Dende logo, todo Muros estaría encantado. Mentres, para seguir espallando o seu legado, do 18 de abril ao 17 de maio o Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá nada menos que unha ducia de espectáculos, nun programa organizado polo Grupo de Teatro Amador de Muros eo Concello, no que colabora a Agadic e os centros de ensino muradán.
Precisamente o CEIP de Louro, o Ricardo Tobío, o Ramón Artaza ou o propio Centro Ocupacional de Valadares serán protagonistas en moitas das propostas da Mostra.
Máis información
Novas relacionadas
- Propoñen a Xosé Agrelo para as Letras Galegas do 2017.
- 2012: Unha honra a Xosé Agrelo dende Esteiro e polo Día das Letras Galega.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).