A escola sen libros

Cada vez que nos contan como traballan, como lles aprenden aos alumnos do centro, quedamos alucinados. A capacidade do profesorado do Colexio dos Muíños, en Muxía, de adaptación ás novas tecnoloxías é un exemplo non só na Costa da Morte. I é que por algo a chamamos a Escola 2.0, porque a internet e a novas tecnoloxías son ferramentas básicas na educación dos cativos.

A clase sen libros

Hoxe cóntannos dous exemplos do traballo diario desenvolvido no centro. En 2º, 4º e 6º de primaria decidiron traballar sen o apoio exclusivo dos libros de texto, polo que o currículo se desenvolve a través dos medios cos que conta a escola: ordenadores, Pizarra Dixital Interactiva, Blogs,.... e por suposto, os medios tradicionais, papel, lápis, pizarra e xiz. Teñen claro no centro que verdadeiramente importante é ter claros os obxectivos e a forma de chegar a eles. Para facelo, para achegarse a eles, utilizan unha "metodoloxía eminentemente participativa e colaborativa". Aquí vemos un exemplo de como as pequenas inteactúan con estas pizarras, que en moitos outros centros están sen usar.

Aprendendo e integrando

Son métodos que permiten que o alumnado se sinta parte do proceso de formación. Como destaca a directiva, a súa visión educativa céntrase en "ser un medio de integración e compensación das desigualdades combinando metodoloxías tradicionais e innovadoras que favorezan a aprendizaxe significativa nun clima tolerante e de cooperación".

Blogs dos estudiantes

Xa os visitaremos na sección da Bitácora da semana, como fixemos no seu momento coa Tripulación Pirata de 6º, pero vos queremos deixar con estes espazos creados polos polas mestras responsables de cada nivel, que son utilizados como medio para impartir clase e como soporte para difundir información.

Novas relacionadas

Fonte