“A historia da Costa da Morte do século XX resultaría moi difícil de escribir sen consultar a obra de Ramón Caamaño e José Vidal"
- Quen asume a necesaria responsabilidade de recuperar o fondo de Ramón Caamaño?.
- Manuel Vilar: Visibilizar o fondo fotográfico de Ramón Caamaño. A fotografía como documento e patrimonio cultural.
- QPC: Cres que tanto Concello de Muxía, como Deputación ou a Xunta deberían facer máis por poñelo en valor?
Por parte da Xunta vemos como están abandonados moitos bens patrimoniais que lle correspondería conservar. Polo tanto penso que desta administración non hai nada que agardar. A Deputación, non obstante, está a ser máis sensible con este tema, e ao mellor podería colaborar con algunha achega económica. Creo que o mellor sería que a iniciativa partise dun concello, neste caso o de Muxía, e a poder ser, que colaborara outra administración. Entendo a preocupación de Chete Pose pola coservación da obra de Caamaño. Á familia resúltalle moi difícil ordenar, clasificar e conservar a inmensa obra que deixou este fotógrafo. El é consciente de que co paso do tempo, todos eses materiais fotográficos vanse deteriorando. Eu sei que hai tempo houbera algún contacto entre o concello de Muxía e a familia de Caamaño, pero non se chegou a ningún acordo porque me parece que tampouco se mostrou o interese preciso por ambas partes. Desde hai tempo mostrei interese en recuperar a obra de Caamaño, e que pasase a ser un ben patrimonial público, pero o asunto non era doado, sobre todo por esa tímida disposición dos dous lados, quizais máis do concello. Espero que a cousa cambie nin futuro.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/quen-asume-a-necesaria-responsabilidade-de-recuperar-o-fondo-de-ramon-caamano/
- Manuel Vilar: Visibilizar o fondo fotográfico de Ramón Caamaño. A fotografía como documento e patrimonio cultural.
Máis novas
- O Arquivo Vidal dá pasos para a súa declaración como Ben de Interese Cultural.
- O libro fotográfico de Vidal desborda ilusión.
- Un Samaín diferente con Ramón Caamaño en Corcubión
- Unha viaxe polos anos 20 na Costa da Morte.
- Como era a Costa no 1924?.