A confraría de Corme recibirá da Deputación da Coruña 11.737,44 euros para financiar as obras de reparación do carro-varadoiro e a adquisición de material de oficina. Esta achega enmárcarse dentro das subvencións de Promoción Económica e Emprego destinadas a financiar investimentos das confrarías de pescadores durante o ano 2016 que se publicaron onte no Boletín Oficial da Provincial .
Ademais da de Corme, a institución provincial coruñesa cofinanciará outros proxectos nas confrarías de O Barqueiro-Bares, Cedeira, Espasante (Ortigueira), A Pobra do Caramiñal e San Pedro-Ribeira cun orzamento global de 65.051,64 euros, segundo explicou o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luís García, que destacou que os investimentos contribuirán a “mellorar e modernizar” as instalacións destas seis confrarías, facéndoas máis competitivas.
Nas vindeiras semanas publicaranse tamén no BOP as axudas que a Deputación da Coruña concede cada ano para financiar as actividades das confrarías de pescadores coruñesas.
Fonte