APIN volverá presentarse ás Eleccións Municipais en Ponteceso

Jose Manuel Pose Verdes na Festa Marisqueira de Ponteceso

O pasado venres 6 de abril, a asamblea da Agrupación Pondaliana Independente (APIN) (aquel SON quedará para a lembranza) reuníase para decidir por unanimidade volver presentarse as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro mes de maio do 2019.

O grupo independiente forma goberno apoiando ao PSOE, e conta día de hoxe conta con dous concelleiros: José Manuel Pose Verdes, 1º Teniente alcalde e Concelleiro de Infraestructuras, Urbanismo e Festas; e o concelleiro de Deportes, Xuventude e Innovación, Marco Varela.

Nas previsibles listas, repiten a maioría dos candidatos da lista das eleccions do ano 2015, a excepcion de algúns que por motivos laborais participarán pero con menos actividade. A día de hoxe xa teñen novas caras que se suman ao proxecto de APIN.

O equipo amósase “moi ilusionado e convida a todos os vecińos que queiran sumar e participar de esta iniciativa se pońan en contacto con calquera dos membros da agrupación independente”.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).