Carmen e Paco Mantiñán son os nenos cormeláns finados en Guernika
Este sábado 22 de setembro, a vila de Corme ía render homenaxe a Carmen e Francisco Mantiñán González, cormeláns falecidos con 9 e 7 anos o 26 de abril de 1937 no bombardeo de Gernika. Unha homenaxe que se extende a todos os finados polo franquismo e atodos os cormeláns que loitaron por unha sociedade xusta e que sofreron as consecuencias do golpe de 1936.
O simbólico acto finalmente non se celebrará o vindeiro sábado 22 por falta de consenso entre as formacións políticas e o parque infantil terá que esperar para levar o seu nome.