As Festas da Pilarica da Trabe, máis de 40 anos de comisión familiar

Martín, Ana, Cristian e Carla forman a Comisión das Festas da Pilarica da Trabe

Queda apenas unha semana para as Festas da Pilarica da Trabe, (Ponteceso) e, ollo, a Comisión de Festas da anda pedindo casa por casa. Este ano retoma o mando das festas as familias dos “da Ghaiteira” (os Bermúdez) e os "do Moreno” (os Suárez), creando unha desas dinastías históricas que fai tan auténticas as nosas festividades.

Falamos Martín Bermúdez, Ana Suárez, Cristian Suárez, e Carla Vázquez, @s heroes e heroinas da Trabe.

  • Cóntanos a historia da comisión "familiar". Cantos anos levades os do Moreno e os da Ghaiteira ao mando?

Agora mesmo Martín Bermúdez é o presidente, o máis veterano xa dende 2010. E pouco despois entramos o resto.
Previamente houbo un grupo de veciños do pobo, pero xusto antes estaban os nosos avós. Xa no ano 83, estaba Juan Bermúdez, un tío de Martín, e Maxi, que segue colaborando, cuios fillos tamén estiveron involucrados, que comezaron xunto con Inmaculada Ventura Vidal e Aurora Souto.

El Ideal Gallego 1983
El Ideal Gallego 1983
  • Parón polo Covid, as historias o ano pasado… e este ano retomades o mando. Por que?

En 2020 e no 2021 decidimos non facer as festas pola situación sanitaria. Pero no 2022, por temas laborais, non retomamos as festas e deixamos paso a outra xente do pueblo.
Pero este ano tomamos a decisió de retomar a Comisión e o que máis nos empurrou foi o tema de que a festa se estaba convertindo nun circo, en a ver quen conseguía sacar máis cartos... Estábase perdendo a esencia destas festas.

 

  • Ir casa por casa... dende a nosa visión é algo con tintes de heroicidade…

Eu (Ana) é o que peor levo. Si que intentamos tomalo con humor, porque si que é a parte máis dura.

Por unha parte é máis dura, pero por outro lado pode ser bonita, moitas veces ten encanto: onte mesmo acabamos na cociña dun señor. Pero tamén ten a parte fea, cando a xente non te abre e a ves mirando pola ventá, cando a xente te fala man… son cousas moi duras emocionalmente, porque ao final, podes dicirnos que non e xa está, pero eses desprezos son a peor parte de todo. É certo que son cousas moi puntuais, e por norma xeral a xente pórtase ben no trato, non tanto economicamente (risas).

  • Con que outras dificultades se atopa unha comisión a día de hoxe?

Dúas: A burocracia, todo o papeleo que implica. E a subida dos prezos: as orquestras, a bebida, o xeo, os xeradores… de todo.

 

  • Comisións doutras partes de Galicia xa usan formato dixital no canto de ir casa por casa: envío de whastapp, cobros por bizum e transferencia... Como vedes a transición?

O tema da transición tecnolóxica é complicado. Si que este ano abrimos o número de conta por primeira vez e a realidade non tivo moito éxito, pero tampouco tiñamos moita esperanza. A ver se pouco a xente se anima máis.
Este ano como novidade si que imos ter TPV na propia festa.

 

  • No pleno do pasado xoves aprobouse unha moción para manter unha hora de silencio nas Festas (case que unicamente na Pilarica!) para as persoas con diversidade. Algo prematura a moción, non?

Si que pensamos que pode estar ben porque as festas cando máis inclusivas mellor, pero neste caso estamos un pouco perdidos. Vemos o continente pero fáltanos o contido. Fumos preguntar ao Concello para ver como podemos xestionala pero estamos á espera de que nos trasladen o protocolo, como trasladalo tecnicamente á realidade da festa.
Mesmo diríamos que nos parece insuficiente, que había que trasladalo a outras festas, a actos do Concello… onde estaría ben instaurando esta medida. Mesmo podemos chegar a dicir que neste caso é unha medida de “queda ben”, está o título nada máis e parece feita para nós, porque a moción só se formulou para a Barquiña, que xa pasou, e para a nosa festa..

Con todo, imos intentar facelo o mellor posible, pero a falta de tempo déixanos algo de incerteza e non sabemos tecnicamente se imos poder facela correctamente. Estamos á espera.

 

  • Cales son os puntos fortes da Pilarica habitualmente e a deste ano en particular?

Ao final temos moi boa relación entre nós, levamos toda a vida vivindo xuntos e iso fainos unha piña. Ao levar tantos anos temos un contacto moi fluído cos proveedores o que facilita a xestión na contratación de todas as cousas.
Ademais, a pesar que en outubro pode chover, non temos menos competencia a nivel de que haia orquestras boas noutro sitio e a xente se teña que dividir.

Novas relacionadas​