O concello de Ponteceso reparte máis de 33.000 euros entre as asociacións

Conscientes do papel do movemento asociativo, o concelleiro de asociacionismo do concello de Ponteceso - Carlos Penedo - vén de convocar a todas as entidades do municipio para manter unha reunión de traballo. O primerio dos encontros foi entre o presidente da asociación gastronómica "Coto de Almerezo" e dous membros da directiva co fin de poñer en valor a gastronomía local e a hostelería do municipio, impulsando catas de viños e queixos, cursos de cociña e visitas guiadas a empresas do sector alimentario. O luns foi o turno de coñecer as prioridades da asociación, que centraron na promoción da carne e cociña tal como se exhalta na festa do Raxo que se celebrará o primeiro sábado do mes de xuño. Faustino Santiago, Jesús Cousillas e outros seis membros da asociación pediron tamén axuda para a semana cultural do 31 de agosto ao 7 de setembro e para as festas do raxo e o Faro (setembro). A visita serviu para que o concello coñecera as súas actividades de pandeireta, ximnasia, campionatos de tute e eventos sociais e culturais para reunir aos veciños, como o día da regueifa do 15 de abril. Tamén demandaron actividades na parroquia como algún taller de memoria e a mellora da accesibilidade na estrada da Deputación que pasa onda a asociación. Tamén pediron a mellora da pista forestal dende a Torre do Faro cara Guxín. Tamén mantiveron un encontro cos membros da asociación de veciños de Tella “Os Seixos” onde se reuniron coa presidenta Sandra Fernández Souto e outros catro membros da directiva. As demandas da asociación xiraron ao redor a obras de mellora no contorno do local dos Seixos e o impulso de actividades. Cara a primavera e verán teñen zumba pero moitas outras actividades e eventos se celebran no local, para as que pediron tamén colaboración. Os talleres de memoria e actividades relacionadas coa xardinería e a arte floral estiveron tamén na conversa. Axudas económicas O concelleiro de asociacionismo lembroulles que teñen a mesma subvención que en 2017 (Coto de Almerezo non recibiu subvención) pero xa poden pedilas xa que están concedidas nominalmente do seguinte xeito:
  • Asociación Deportiva Vila de Pondal Fútbol Sala Feminino "Concello de Ponteceso": 3.000€
  • Puenteceso SD: 9.000€
  • SDCF Corme (aprobada, ingreso pendente de que o Corme CF presente un certificado): 9.000€
  • AD Abellariza IES Ponteceso: 1.500€
  • Asociación Cultural Monte Branco: 2.000€
  • Asociación de Amas de Casa Eduardo Pondal: 1.000€
  • A. C. e prestadora de servizos á xuventude San Xoan de Xornes: 1.000€
  • A.C. Nosa Señora do Faro de Brántuas e Niñóns: 2.000€
  • A. Veciñal cultural e deportiva "A Xolda" de Cores e Nemeño: 1.000€
  • Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme - Porto: 1.000€
  • Convenio ANPA CEIP As Forcadas: 400€
  • Convenio ANPA Andares CRA Virxe do Faro Ponteceso: 400€
  • Convenio ANPA CEIP Eduardo Pondal: 400€
  • ANPA IES Ponteceso: 400€
  • Convenio Asociación de Empresarios de Ponteceso: 1.480,80€
  Segundo aclaran dende o concello, dúas asociacións culturais levan o dobre de axuda que as outras xa que corren cos gastos de manter un local propio, privado, incluso o imposto de bens inmobles, que o Concello acaba de reformar para elas en pleno coa retirada do 95% do IBI para esas asociación se cumpren os requisitos. As reunións coas distintas asociacións do municipio continuarán despois do entroid. A seguinte será o 14 de febreiro coas Amas de Casa de Ponteceso.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Ponteceso