Os socios da A.C. Río Anllóns aproban un aval para manter a propiedade do Centro Social inacabado

Este pasado domingo día 3 de outubro, a Asociación Cultural Río Anllóns celebrabá unha asemblea xeral para tratar a situación do edificio do Centro social ao carón do estuario do Anllóns. Un edificio que xa debía estar rematado no 2008 pero que os problemas de financiamento paralizaron eternamente. A día de hoxe as posibilidades céntranse na venta ou en seguir o proxecto con préstamos hipotecarios. A entidade non quere vender o fermoso solar que ten a carón da Casa de Pondal, e quere, polo menos, rematar as fachadas e o tellado, para que en, se volven mellores tempos, poder rematar este completo proxecto. Durante a Asemblea celebrada o domingo, os socios decidiron facer un aval solidario para pagar todas as débedas que controuxo a entidade. Un aval no que cada socio farase cargo dunha cantidade concreta. Con esta medida a asociación intentará evitar a outra opción que barallaba a directiva: malvender o solar e o edificio tal e como está. Así, o edificio da A.C. Río Anllóns quedará a medias intentando que cheguen tempos mellores.

Un proxecto moi ambicioso

Tratouse dun proxecto moi ambicioso o do Centro Cultural da asociación. O edificio prantexaba unha morea de servizos para o concello de Ponteceso. Entre elas o edificio contaría con piscina dinámica, baño turco, terma romana, sauna, pediluvio, duchas de esencias, ducha vichy, paseo de chuvias, jacuzzi, etc, dentro da zona spa. E por se fóra pouco, o edificio contaría cun ximnasio, cafetería, biblioteca, así como dun auditorio con capacidade para 400 persoas e escenario de 140 m2 con caixa acústica adaptada para actuacións de grupos profesionais así como outras dependencias e zona de aparcamento.

Problemas de finaciamento

A proposta, sen reparos, contaba cun orzamento inicial de 1,2 millones de euros. Segundo José Manuel Pose, presidente da entidade, o plan de viabilidade estaba máis que correcto. Pero entrou a crise. A entidade pontecesá contaba con varias axudas. Fóra aprobado polo GDR de Bergantiños, cunha subvención de 200.000€, pero que sería pagado ao remate das obras (polo que esta subvención perdeuse). Contaban ademais con 550.000€ da expropiación do outro edificio da asociación que pagou Costas unha vez que amplioou o territorio de deomino público. Ademais, o Concello daria 60.000€ cada ano durante 3 anos. Con estas axudas a entidade contaba con ser capaz de contruir o edificio e mantelo polo menos uns anos cun préstamo hipotecario relativamente pequeno. Así e todo, o Banesto, despois de facer a primeira achega de 150.000€ dos supostos cartos do GDR, foi desaparecendo ata que a entidade non puido seguir coas obras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).