Ponteceso prepárase para ruxir

Este sábado 12 de febreiro as motos invadirán Ponteceso. A Xuntanza Invernal que organiza o Motoclube Costa da Morte xa é todo un referente en todo o país, de xeito que motos de toda Galicia farán ruxir os seus motores ao longo de toda a fin de semana.

Aquí vos deixamos cun vídeo promocional da Motofesta:

Loita polos "quitamiedos" seguros

Ademais, esta cita invernal servirá para seguir esixindo que as autoridades traballen en materia de seguridade. Son milleiros de quilómetros de estrada que quedan sen o doble varanda, os coñecidos "quitamiedos". Unha simples infraestruturas que poden salvar vidas e amputacións de moitos moteiros do país.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).