Ponteceso queda sen xornada única

Non chegando ao 58% o número de votos afirmativos, o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso non terá no vindeiro curso académico a xornada única. Dos 126 votos emitidos no día de onte, 77 foron a favor e 49 en contra. Esta é a segunda vez que non sae adiantes a xornada única no centro educativo de Ponteceso. Nas pasadas elecccións - celebradas fai agora un ano - a proposta non saiu adiante por tan só catro votos. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Anpa CEIP Eduardo Pondal