Ponteceso segue buscando solución ás inundacións

Membros da comisión de afectados e o alcalde de Ponteceso visitaron as inmediacións do río Mero en Cambre En Ponteceso continúan a buscar solucións para evitar as inundacións. Así onte, varios membros da comisión apolítica de veciños afectados - Miguel Cousillas, Alfonso Romar e Ramón González - desprazáronse xunto co alcalde pontecesán - Lois Carballido - ata as inmediacións do río Mero - en Cambre - onde un técnico lles explicou in situ as actuacións levadas a cabo para frear as riada que padecían na zona. Segundo indican dende a comisión de afectados, o seguinte paso é encargar un estudo para "levalo aos organismos competentes para probablemente o seguinte verán acometer as obras necesarias para evitar novas inundacións", sinalan. Nos vindeiros días a comisión convocará aos afectados polas inundacións dos pasados meses de xaneiro e marzo co fin de poñelos ao corrente da situación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).