8 anos de inhabilitación para o ex alcalde de Vimianzo por fraude e prevaricación
O Xulgado nº5 do Penal da Coruña vén condenar ao exalcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez Lema, como autor dun delito de fraude e prevaricación, a unha pena de 1 e 6 meses de presión e inhabilitación especial para cargo público por 8 anos.
A xuíza considera probado que en febreiro e marzo de 2011 o ex alcalde, xunto co co acusado, e agora absolto, o empresario Jesús Cernadas Valiña (de Excavaciones Cernadas SL) “fracciounou artificiosamente” unha obra de “limpeza, pavimentación e acondicionado de varias pistas de VImianzo” por importe de 135.000€ en varias pequenas para non telas que levar a concurso.
O ex alcalde foi imputado en 2012 tras unha denuncia do actual rexedor, Manuel Antelo, sendo un dos numerosos procesos que ten o ex alcalde vimiancés enriba.
O mesmo auto absolve a Jesús Cernadas Valiña, acusado no seu día de cooperador necesario.
A historia xudicial
- 2015: Desestimados os recursos do funcionario e o empresario irmán do ex alcalde polo sobrecuste da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 2014: Condenado o ex alcalde de Vimianzo por un delito de coaccións leves contra a súa ex parella.
- 2013: Pagando a Csa da Cultura.
- Xaneiro 2012: Imputado o ex alcalde de Vimianzo por Prevaricación e Tráfico de Influencias.
- Novembro 2011: O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo.
- Agosto 2011: A Casa da Cultura para pagar a Casa da Cultura.
- Agosto 2011: Alejandro Rodríguez elude responsabilidades sobre a Casa da Cultura.
- Novembro 2010: O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura.
- Agosto 2008: A Casa da Cultura vai ao xulgado.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).