Cereixo xa en praza
24 de xullo de 2017 (06:18 h.)
Máis de 250 persoas participaron esta fin de semana no acto de inauguración da Praza da parroquia de Cereixo. Trátase dun espazo multuiusos, de 3.000 metros cadrados, que permite tanto a celebración de festas e verbenas populares como outras xuntanzas de diverso tipo e, dada a súa proximidade á igrexa parroquial pode ser utilizada de aparcadoiro naqueles eventos aos que asista moita xente.
A construción desta praza é un investimento importante para a parroquia de Cereixo. O terreo foi adquirido con fondos propios do Concello de Vimianzo e as obras financiadas pola Deputación da Coruña con cargo ao PAS. O investimento total do equipamento superou os 100.000€.