Convocadas as subvencións para asociacións culturais, sociais e deportivas en Vimianzo
27 de febreiro de 2018 (06:02 h.)
No BOP do día de onte publícanse as convocatorias do Concello de Vimianzo de subvencións para o fomento de actividades culturais, sociais e deportivas.
O Concello de Vimianzo destina un total de 28.000€ a este fin, unha cifra semellante á dos cursos pasados. Adiantaraselle ás ou aos beneficiarios do 60% do importe da subvención e aboaráselles o 40% restante cando entreguen a documentación xustificativa.
O prazo para solicitar as ditas subvencións remata o día 26 de marzo. Poden acceder a toda a información das convocatorias a través das seguintes ligazóns:- http://www.pap.minhafp.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/386879.
- http://www.pap.minhafp.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/386879:
Fonte
- Vimianzo.