Excarceradas dúas persoas despois sufrir unha saída de vía en Vimianzo

Dúas persoas tiveron que ser excarceradas a pasada madrugada do sábado ao domingo tras sufrir un accidente de tráfico en Vimianzo. O coche no que circulaban saíuse da vía e quedou encaixado sobre un muro. Segundo se lle indicou ao 112, unha das persoas resultou ferida de gravidade e a outra, de carácter leve. O vehículo tivo que ser retirado coa axuda dun guindastre. O accidente tivo lugar á altura dun tanatorio situado no lugar de Baíñas. O 112 recibía o aviso dos feitos ás 5:00 horas, a través da alerta de Urxencias Médicas. Acto seguido, o persoal da central de emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Cee, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.    

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • AXEGA
  • Bombeiros Cee