Falece atropelado un home en Vimianzo

Tráxica mañá esta en Vimianzo. Un home de avanzada idade falecía tras ser atropelada por un turismo na estrada na estrada AC552 á altura da Praza da Igrexa. Era un home natutal de Señoráns, que residía na vivenda comunitaria, e que era embestido arredor das 8:30h da mañá deste venres 25 de novembro.

Urxencias Médicas trasladou ao home en estado de gravidade ata o Centro de Saúde, onde minutos despois falecía, como confirmou o persoal sanitario.

O 112 avisou aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como, tamén se requiriu a intervención de Protección Civil. Os Bombeiros de Cee tamén foron informados.

Obras na estrada

O accidente aconteceu na proximidade dun dos poucos pasos de peóns pintados na travesía da AC552 ao seu paso pola vila de Vimianzo. O alcalde vimiancés púxose en contacto ao longo da mañá co responsable autonómico de estradas da Consellaría de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, para requirirlle que finalizaran os traballos de pintado da dita travesía que levan, na súa maior parte, dous meses paralizados. O alcalde con isto fíxose eco das queixas que durante estes días lle trasladou a veciñanza por non terse rematado as obras da travesía da AC552 ao seu paso por Vimianzo.

O alcalde quere transmitirlle as condolencias da Corporación Municipal de Vimianzo á familia da vítima do desgrazado accidente.

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).