O concello de Vimianzo e a Protectora SOS Pelines acaban de asinar un convenio de colaboración para a xestión das adopcións dos animais acollidos na canceira. A protectora encargarase de xestionar a entrada e saída dos animais na canceira, levando unha folla de rexistro dos animais que entran e saen, comprobar se necesitan atención veterinaria e xestionar a súa adopción no caso de que os donos non aparezan. Pola súa banda, o concello comprométese a seguir encargándose do servizo de recollida e lazaría.
Con este convenio preténdese evitar o sacrificio de animais buscándolles un novo fogar e entregándollos ás familias adoptantes documentados e cun contrato de adopción. A protectora fará un seguimento do coidado e do estado dos cans adoptados.
Dende SOS Pelines levaranse a cabo varias campañas de concienciación destinadas a mellorar o estado e o coidado dos animais domésticos, destinadas tanto a escolares como ao público en xeral.
Na páxina de Facebook da Protectora SOS Pelines pódense consultar os consultar os cans que actualmente están acollidos na canceira de Vimianzo.