O programa de actividades de verán de Vimianzo potencia os recursos patrimoniais do municipio
12 de xullo de 2017 (08:10 h.)
- Mostra de artesanía en vivo todos os días de martes a domingo de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas
- 22 de xullo: Obradoiro de maquetismo sobre o mundo do mar e a pesca (maquetas de barcos, nasas e outros aparellos). Chema Suárez
- 29 de xullo: Obradoiro de olería de buño para todos os públicos. Olería Cambón
- 5 de agosto: Obradoiro de cestería. Asociación Neira Marcos de Salto
- 12 agosto: Obradoiro - demostración. Adornos e feituras textís: vainicas, incrustre feito a man, bolillos e tear. Asociación Santiaguiño de Carreira
- 19 agosto: Encontro de palilleiras e panillada con foliada, café e rosca. Asociación Panillo Nemanquiñas
- 26 agosto: Obradoiro de olería de Buño para todos os públicos. Olería Lista
- 1ª quincena de agosto: Especial Liño
- 1ª semana de agosto - colección 1900 (roupa de época)
- 2ª semana de agosto – colección roupa de fogar + colección complementos de moda. (Asociación Amigos do Liño)
- 2ª quincena de agosto: Especial Olería. Innovación e vangarda na olería de Buño: Olería Cambón e Olería Lista