Os clubs de Fútbol, os meirandes beneficiados das axudas do Concello de Vimianzo ás entidades
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo aprobou a xustificación de 22.925€ de axudas destinadas aos clubes e asociacións para o fomento de actividades deportivas. Estes clubs xa tiñan coñecemento do importe das subvencións e xustificaron de maneira correcta os investimentos para os que solicitaran as axudas. Nalgúns casos xa se fixeran anticipos de parte das axudas, previa solicitude dos interesados. Destacan as axudas concedidas aos clubes Soneira SD, CF Baíñas e CF Castrelo.
Tamén se acordou aprobar a xustificación dun total de 4.098€ a asciacións culturais para o fomento de actividades culturais durante o ano 2016. Ao igual que os clubes e asociacións deportivas, estas asociacións xa tiñan coñecemento do importe das axudas e xustificaron de maneira correcta os investimentos para os que solicitaran axudas.
Bonificación no IBI
A XGL de hoxe tamén serviu para aprobar a bonificación do 95% do importe do IBI daqueles inmobles nos que se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras. Neste ano beneficiaronse un total de 46 inmobles. Esta bonificación supón unha axuda importante para as explotacións, 250€ de media, xa que poden destinar estes recursos a outros investimentos dedicados a mellorar a produción ou a rendabilidade.
Esta bonificación está recollida na Ordenanza fiscal, número 8, reguladora do imposto sobre bens inmobles. Poden acollerse a ela as explotacións agrícolas ou gandeiras e teñen que solicitala anualmente.
Esta bonificación dos impostos que recada o Concello de Vimianzo vai parella á rebaixa do IBI do 0,6 ao 0,5%, o que supón un aforro do 17% no recibo.
Novas relacionadas
- O concello de Vimianzo destina 22.000€ a axudas económicas para familias con fillos.
- As 30 entidades deportivas que reciben axudas da Deputación.
Fonte
- Concello de Vimianzo.