Os empresarios do sector turístico teñen cita na Asemblea Xeral da APTCM

Ten o sector hostaleiro unha importante xuntanza o vindeiro martes 27 de febreiro. A Casa da Cultura de Vimianzo acolle, ás 18:00 da tarde, a Xunta Xeral da Asociación de Promotores do Turismo da Costa da Morte (APTCM).

A directiva repasará as actividades desenvoltas no ano 2017 e presentarán o plan para este 2018. Serán tratados outros temas de interese, como a participación do patronato dentro da CMAT, emais cos GDR e GALP, ou as actuacións que se cubrirán nos convenios con Turismo de Galicia e da Diputación da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).