Os peque artistas de Nadal

Onte celebráronse varias entregas de premios de Nadal. 

En Vimianzo

Na Casa da Cultura tivo lugar a entrega de premios do IX Concurso Anual de Postais de Nadal do Concello de Vimianzo dirixido á rapazada de educación Infantil e Primaria.

Jimena Chao Lado, de 8 anos de idade, alzouse co primeiro premio do concurso. A obra desta aluma do CEIP Baíñas será a imaxe oficial de Nadal do Concello para o ano 2021.

Así mesmo, en cada unha das catro categorías do concurso establecéronse dúas persoas premiadas:

  • Categoría A (4º,5º e 6º Educación Infantil): Joey Trillo Amigo (5 anos), do E.I. Carnés e Carla Baña Rodríguez (5 anos) do CEIP San Vicenzo.
  • Categoría B (1º e 2º Educación Primaria): Carmen Manuela Lavandeira Trillo (7 anos) do CEIP San Vicenzo e Raúl Platas Vázquez (7 anos) do CEIP San Vicenzo.
  • Categoría C (3º e 4º Educación Primaria): Mateo Monteagudo Mouzo (8 anos) do CEIP San Vicenzo e Jimena Chao Lado (8 anos) do CEIP Baíñas.
  • Categoría D (5º e 6º Educación Primaria): Sara Infante Gándara (10 anos) do CEIP San Vicenzo e Nerea Pérez Muñoz (10 anos) do CEIP San Vicenzo.

Todas as nenas e nenos premiados recibiron como agasallo material didáctico. O xurado tivo que decidir entre un total de 80 postais (xa que aínda que se presentaron 87, 7 delas foron descartadas por non cumprir coas bases).

Na Laracha

 

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura e Ensino, Patricia Bello, fixeron entrega onte dos doce agasallos aos premiados nos concursos de postais e contos de Nadal. Os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores.


Categoría A (educación infantil)

  •  Aula de 6ºA do CEIP Otero Pedrayo
  •  Aula de 4º e 5º do CEIP de Caión
  •  Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)

  • Andrea Regueira Cotelo (2º do CEIP Alfredo Brañas)
  • Adrián Cambón Andrade (2º do CEIP de Caión)
  • Lucía Lamas Pérez (1º do CEIP Otero Pedrayo)

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)

  • Noa González Pena (3º do CEIP de Caión)
  • Adriana Lareo Balado (3º do CEIP de Caión)
  • Román González Otero (3º do CEIP Alfredo Brañas)