Un Vimiverán a tope

Máis dun cento de nenas e nenos (cada ano aumenta a participación) participan ata o venres nas actividades do Campamento Vimiverán. Durante estes día as cativas e cativos realizan roteiros de sendeirismo, actividades medioambientais ou obradoiros de cerámica, sen esquecer a parte máis lúdica con xincanas, xogos e a viaxe ao Ecoparque de Marín. A videira semana haberá unha saída ao Aquarium Finisterrae e xa durante o mes de agosto actividades e talleres todas as mañás na Casa da Cultura.
Roteiro de sendeirismo polo río de Cambeda

Fonte

  • Concello de Vimianzo.