Vimianzo refórzase en materia de violencia de xénero

Xunta de seguridade local de Vimianzo

A pesar dos últimos roubos, ou do episodio de violencia machista acontecido en maio, a Xunta Local de Seguridade asegura que Vimianzo está tranquilo. Así o anunciaba onte a Garda Civil, que destacaba que a pesar da preocupación existente o nivel de inseguridade no municipio e inferior a media galega e provincial e moi distante da estatal, onde se dan 45 delitos por cada mil habitantes, cando no caso de Vimianzo non chega a 20. Unha cifra sensiblemente inferior a existente na provincia coruñesa e en Galicia, que contan cunha media de 28 e 31 delitos por cada mil habitantes.

En todo caso, a subdelegada do Goberno confluiron na importancia de reactivar os diferentes órganos institucionais e policiais de loita contra a violencia de xénero. Desde a Subdelegación do Goberno incidiron na necesidade de que a Policía Local esté efectivamente integrada no Sistema Vioxen de seguimento das vitimas xa que a pesar de que o Concello e o Ministerio do Interior asinaron un convenio neste sentido no ano 2011 non se chegou a formalizar a participación dos axentes da Policía Local neste sistema, encargándose a Garda Civil atá agora do control de todos os casos detectados no Concello.

Da mesma maneira, decidiuse tamén a reactivación da Mesa de Coordinación Policial, integrada polos representantes das forzas e corpos de seguridade, e da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero, que é un instrumento operativo de traballo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directamente ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero: representantes do Concello, Subdelegación de Goberno, Forzas e Corpos de Seguridade, ademais de membros dos servizos sociais e doutras institucións, estamentos e servizos que poidan gardar relación coa loita contra a violencia machista.