Adro por fin ten nova Directiva con Martina Rodríguez como presidenta

Nova directiva da Asociación Cultural Adro de Baio

Levaban meses buscando relevo para unha asociación activa dende 1980. E por fin parece que o futuro da Asocicación Cultural Adro de Baio está garantido. A entidade vén de renovar a súa directiva dándolle así continuidade á escola de baile e música tradicional que conta con máis de 100 alumnos e alumnas.

Martina Rodríguez – vogal na anterior directiva - actuará en nome de presidenta da entidade mentras que Francisco José Gavín será o vicepresidente. Noelia Lema asume o cargo de secretaria e Miguel Lema o de tesoureiro. Como vogais figuran Alberto Fuentes, Cruz Carril, Antonio Pose e Noelia de la Fuente.

Clases en marcha

As clases de baile e música tradicional comezaron o pasado sábado. Así, de aquí ao mes de xuño citaranse todos os sábados pola mañá no pavillón de Baio os alumnos e alumnas que asistan as clases de baile, gaita, percusión e pandeireta. Ao igual que os anos anteriores, os encargados de impartir as clases son Álex Ínsua, Marina Torrado, Miguel Abad e David Canto. As inscricións ainda están abertas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).