Aprobada a ampliación da senda peonil en Baio Pequeno

A Deputación daba luz verde o pasado venres a un investimento de 837.464 euros para a construción dunha nova travesía con beirarrúas e carrís de circulación de 3 metros en Baio Pequeno (Zas), que contribuirán a mellorar a seguridade vial nun punto clave do municipio, que conecta dúas estradas comarcais

Tratáse da estrada provincial que conecta dúas estradas importantes a nivel comarcal, o vial A Coruña-Fisterra e a estrada Baio- Ponteceso, e que tras as obras quedará configurado como unha travesía con carrís de circulación de 3 metros de ancho e beirarrúas de 2 metros, tamén na marxe dereita da calzada, onde agora non existen (tramo de Baio Pequeño, entre os PK 0+750 e PK 1+000). Os traballos inclúen a dotación dunha nova rede de pluviais e dunha nova capa de rodaxe para a calzada.

Nesta zona ubícase tamén un centro escolar e unha igrexa, e desenvolvense importantes actividades como a feira, polo que as obras contribuirán a mellorar a seguridade vial nun punto clave do municipio.

Fonte

  • Deputación.