As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana

Ademais das visitas guiadas teatralizadas que lle dan vida cada domingo ás Torres do Allo, ésta será unha fin de semana cargada de actividades nun dos pazos máis emblemáticos da Costa da Morte. Así, o programa de actividades para este verán deseñado pola concellería de Cultura do concello de Zas - encargada da xestión de visitantes - estrea este venres un ciclo de música clásica. O encargado diso será o violinista Kamo Petrosian,  que ofrecerá este vernes un concerto no xardín das Torres do Allo. A cita, que é gratuita e está dirixida a todos os públicos, comeza ás 2o:30 horas. Xogos infantís Outra das actividades estrela da programación de verán das Torres do Allo son "Os secretos ocultos nas Torres"; un xogo de pistas para os máis pequenos. A través de distintas pistas sobre a historia do pazo, os participantes descubrirán os secretos que se agochan tras as paredes deste edificio. Haberá catro sesións diferentes ao longo dos meses de xullo e agosto. A primeira delas será este sábado, día 15, ás 12:30 horas. Número de teléfono Por outra parte, as Torres do Allo ademais de estrear web veñen de mudar o número de teléfono de atención aos usuarios. A partir de agora, o teléfono de contacto é o 655 716 743. O horario de apertura ao público do pazo é de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas. Todos os días, se realizan visitas guiadas ás 13 e ás 17 horas.  Todas as actividades son gratuitas así como a entrada ao pazo.

Máis información

  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)