Carta a un amigo: De como transformar o medo en enerxía
Chéganos hoxe unha carta moi especial. I é que cando un amigo está en perigo, cando a saúde faille pasar malos momentos, todos os intentos de animar son poucos.
Hoxe, o baiés Adrián López Agra envíanos esta carta adicada, esta carta que ten un destinatario moi concreto, que podería ter milleiros de destinatarios. De feito, esta carta vai para todos nós.
Carta de Adrián a un amigo
Se puidésemos transformar os nosos medos en enerxía poderíase alcanzar unha serie de cousas que nos levaría a ter unha vida moito máis plena, a vida que realmente nos merecemos. Podemos, a clave é loitar parar encarar o cambio.
Algunha vez pensaches en como a túa vida cambiaría se poideses transformar todos os teus medos nun poder inusual? En principio, parece só unha fantasía, pero se o pensamos ben, sabemos que é posible, non é unha fantasía, o medo non é mais que unha enerxía mal canalizada, e como toda a enerxía, pódese transformar, só e cuestión de saber facelo.
¿Que mellor momento ca este para facer que o medo que temos dentro, o cal moitas veces non nos permite avanzar, torne e cambie a poder?
Pódense conseguir grandes cousas, ou non tan grandes, pero simpelemente todo o que deixaches de lado por medos inxustificados, cousas que paralizan e impiden avanzar, barreiras que nos impiden de vivir aventuras, os nosos soños, en fin, todo o que loitamos como persoas felices para ter a nosa liberdade.
Por suposto, debemos considerar que converter o medo en poder implica un gran cambio, hai que ser consciente diso, sobretodo porque o propio cambio causa un gran sentimento de incerteza e de medo. ¿Que significa esto? Que si se desexa unha verdadeira transformación, debemos comezar por afrontar o principal dos nosos medos: o medo ao cambio...
A maioría dos nosos medos están baseados no cambio, precisamente, o medo é quen fai que cambiemos nós, e non a situación, podemos pensar que o cambio é absolutamente necesario para crecer xuntos en calquera tema que nos propoñamos, sen mirar atrás, pensar nas magníficas posibilidades que podería abrir a porta a unha nova vida, unha vida mellor e máis completa, porque sempre que se cerra unha porta, ábrense un par de fiestras, costa máis pasar por elas, pero ao final, con esforzo, lógrase pasar.
En fin, debemos comezar por preguntarnos dúas cousas: ¿Onde está o noso medo, é dicir, onde se formou? ¿Que nos impide facer que as cousas cambien?
Hai que loitar polo que se quere, sempre, custe o que custe, porque o cambio supón afrontar o verdadeiro camiño da vida, a esencia da vida reside no cambio constante que ocorre nela.
Se estás disposto a querer explotar as cousas marabillosas que che esperan aí fora, se sabes que loitando polo que queres serás feliz, ADIANTE, non deixes que te dominen os medos, e se tes a sorte de que haia alguén que te axude a arranxar o teu medo, será unha viaxe díficil, chea de pedras, e por moitas veces que caias ao chan, teste que levantar, pero esa persoa axudarache na viaxe. Boa sorte...
- Carta de Adrián López Agra a un amigo.
Novas relacionadas
- “Queremos pediatra tódolos días”.
- Lorena Martínez Canosa: As cifras do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).