Continúan as actividades nas Torres do Allo

Todos os domingos, ás 19:30 horas, a compañía de teatro Os Quinquilláns devolvénlle a vida ao pazo coas súas visitas guiadas Agosto entra con forza no pazo das Torres do Allo enchendo así de actividades a un dos poucos pazos abertos ao público de toda a comunidade. Así, todos os días - ás 13 e ás 17 horas - hai un servizo gratuito de visitas guiadas. Xa todos os domingos do mes de agosto, ás 19:30 horas, a compañía de teatro Os Quinquilláns é a encargada de devolverlle a vida Francisca Riobóo e a Victor López Seoane dentro do programa de visitas guiadas teatralizadas. Tamén continúa aberto ata o 20 de agosto o prazo de presentación dos traballos participantes no I concurso de fotografía co móbil "Enfoques do Allo", que ofrece unha bolsa de premios de 100, 75 e 50 euros para as fotos máis fermosas e impactantes. Para os que queiran achegarse dunha maneira máis lúdica ás Torres poden animarse tamén a participar no xogo de pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Tanto nenos como adultos poderán descubrir as historias e curiosidades menos coñecidas do primeiro pazo galego. O xogo poderá realizarse durante o horario de apertura das Torres do Allo que é de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas.

Máis información

  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Torres do Allo