O Vaso Ecolóxico da Carballeira, regalo para os que merquen esta semana a entrada online

Gran aposta medioambiental do Concello de Zas a do vaso ecolóxico nas súas festas. E onde mellor que aplicalo que na Carballeira de Velar. O incrible escenario da Festa da Carballeira terá o seu vaso reutilizable para que non queden plásticos polo bosque.

Un vaso deseñado pro Luis Davila que ademais recibirase de regalo aos que merquen a entrada online en www.festadacarballeira.com entre o 20 e o 27 de xullo (en caso de mercar a entrada in situ ou nuotras datas o prezo será de 1€). Ademais regalarase tamén a pinza de suxeición, para que non se extravíe ningún vaso.

Con esta iniciativa, dende a organización, espérase que, segundo as palabras de Fidel Otero, director do festival, “se poida desfrutar da festa nun entorno privilexiado, tendo o menor impacto medioambiental posible. Queremos ter a Carballeira igual de bonita moitísimos anos máis”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).