Os maiores de Zas van de festa

O pavillón de Zas acolleu onte a 22ª edición da Festa dos Maiores Día de encontros, de peluquerías e dun bo e abundante xantar a base de empanada, polbo, carne asada e sobremesa. O concello de Zas rendiulle así onte homenaxe a máis dos 800 veciños e veciñas con maior experiencia do municipio.
Varios grupos da asociación cultural Adro de Baio, entre eles os gaiteiros, animaron a 22ª Festa dos Maiores de Zas  
O grupo Churía de Zas interpretou varias pezas e baile e música tradicional recollidas na zona Os encargados de abrir a xornada de festa foron os grupos de baile e música tradicional da asociación cultural Adro de Baio e Churía de Zas. Ao son dos ritmos tradicionais os comensais foron collendo asiento para compartir unha xornada na que non faltaron as charlas nin o baile ata ben entrada a tardiña.
Manuela Doval, de 93 anos, foi a veciña de maior idade presente na festa de onte Pero dous dos protagonistas da 22ª Festa dos Maiores de Zas foron José Hermida Lourido, de Brandoñas, e Manuela Doval Mourelle, de Loroño, por ser os asistentes de maior idade presentes na festa. Así que o alcalde, Manuel Muíño, fíxolle entrega dun agasallo a estes dous veciños de 95 e 93 anos respectivamente.
José Hermida, de 95 anos, recibiu un agasallo por ser o veciño de maior idade presente no xantar Novas relacionadas

Novas relacionadas coa caída poboación

  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)