¿Por que?
26 de novembro de 2010 (11:48 h.)
Levamos unha semana intensa na bisbarra. Un desaparecido en Zas, logo morto. Pleno en Vimianzo, tensión política e demais. Pero si un suceso me esta directamente a remover as entrañas é o acontecido no Peirao de Xubiles, en Cee. Un home, un veciño da vila, caia o mar no seu coche. Nada mais. ¿Por qué?. Ben, as preguntas son a parte e neste senso se teñen dado explicacións de tódolos tipos. Pero a miña interese particular esta en saber ¿Qué interese teñen dous medios de comunicación en concreto en que ese caso corresponda a outra cousa que non sexa un accidente?
A perda dun ser querido é tráxica. Perdas como a deste veciño mais aínda pero se ademais do feito mesmo da morte, os familiares do finado deben padecer un asedio de “preguntadores” interesadísimos en saber porque o falecido caeu o mar, e dentro do seu coche. Que si as ventaniñas estaban abertas (¿Cómo se supón que deben estar as fiestras dun coche somerxido 24 horas a cinco metros de profundidade?), que si recibira unhas probas medicas negativas (¿non eran datos secretos?), que si antes do suceso fixo un percorrido polo peirao buscando a mellor ubicación.
Todos fuxindo da palabra maldita pero encantados de rebozarse sen pudor na merda para xustificar que, por desgraza, para vender xornais na Costa da Morte hai que vender morbo porque senón… a cousa pinta mal. Xornalismo – 0 : Amarelismo – 1.
Outra cousa deste ¿Por qué? É a pregunta en si mesma. E a min non me importa. Non falamos dunha morta ocasionada por terceiros. A morte, accidental ou voluntaria involucra so a vítima e, a partires de ahí, a min aló menos me da o mesmo. Feitos. UN home morreu, afogado. Tiña 72 anos, estaba xubilado, era pai de familia e deixa fillos e netos que sempre o levaran no seu corazón. Fin. O demais son gañas de marear. E de vender.
Faltan arrestos, nembargantes, para facer preguntas que si me preocupan. ¿Por qué se pode entrar a peiraos e instalacións portuarias en coche particular sen restricións?, Neste peirao existe unha barandiña que protexe un flanco do peirao, ¿Por qué non existe en todo o perímetro?. ¿Cantas persoas vixían que se cumpra o que din esos carteis situados a entrada de cada peirao en Galicia, e onde se impide “o acceso a toda persoa allea a instalación”?. Estas son as preguntas. Pero hai que querer facelas, na vez de enredar con si o paisano estaba mellor ou peor da cabeza, ou si estaba mais ou menos afectado por malas noticias da clase que sexan. Cousas que non lle preocupan a ninguén salvo a catro chismosas e chismosos e os seus autores. Perdón, os seus autores tampouco. É os editores dos seus autores os que lle preocupa. Preocúpalle vender exemplares.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.