A estafa
25 de febreiro de 2011 (10:25 h.)
O sucedido coa Caixa galega amosa de xeito resumido a auténtica realidade na que se move a precaria democracia da que temos por costume facer gala (como con tantas cousas) afirmando sen rubor que somos “exemplo”, “bandeira” ou “caso a imitar”. Algo parecido o que nos sucede coa transición, ensalzada por algúns como “o proceso de traslado da ditadura a democracia mellor executado na historia” esquecendo que en realidade foi escasamente realizado (como pouco) e que as eivas de aquel proceso as seguimos sufrindo nada menos que 30 anos despois da súa “excelente execución”.
Pero voltando ó quilombo das caixas, para aqueles idealistas (bloqueros a maioría) convencidos de que algo tan voluble e impresentable como as entidades do sector financeiro ían cargar con elementos tan propios das persoas con conciencia, como o sentimento de país ou a pertenza a unha comunidade, comentar que neste caso a componenda, o mangoneo, a lea, o xogo de mans, chamádelle haches, foi de tal finura estilística, tan ben executado por Feijoo e compañía que merece un premio de maxia. Xogo de mans en tres tempos.
Tempo primeiro: cóllase unha caixa en situación precaria, bandeira dun xeito de entender a economía propio do século XIV, onde os clientes son tratados como gando e os seus aforros despilfarrados en inversións inmobiliarias sen futuro e cuchipandas varias, e procédase a “prestixiar” ao ente, a insuflarlle, de cara a opinión publica, valores de “país” de “nación” de identidade. Cun ben dirixido plantexamento publicitario, convenzamos a quen quere ser convencido de que esta, esta caixa, é “a nosa caixa” e agardemos a proceder co paso segundo …
Tempo segundo: nun xiro dos acontecementos procédase a promover na mesma opinión publica, i en todo o arco parlamentario, a necesidade imperiosa, vital, so pena de perder un baluarte irremisible e imprescindible para o futuro, de defender a unidade desta caixa ruinosa e dunha segunda, tamén precaria pero mellor dirixida e moito mais saneada, como único e autentico salvavidas co que evitar o afundimento do barco. Nesta fase é precisa a incorporación a ecuación de elementos do puro nacionalismo aristocrático (lease Quintanista) dispostos a defender xunto a nos, estadisticas en ristre, esta necesidade cuasi atávica, pseudoracial y etnico-economica de defensa “do noso”, “dos aforros dos galegos” e da necesidade “dunha entidade de seu” que promova a economía galega (coma si a caixa en cuestión o tivera feito nalgunha ocasión de modo altruísta e sen estar inclusa esa acción no puro negocio prestamista e usureiro).
Tempo terceiro: e último. Cando xa ninguén, nin tan sequera os citados elementos nacionalistas saiba realmente debaixo de que cubilete esta a boliña, nese intre, nunca antes, sen mediar palabra, nin explicación e enmarcando a decisión “no puro ámbito das decisións empresarias dunha entidade con mando propio” deixemos que a citada caixa “que enmarca en si mesma os valores propios de ser galego” se converta nun banco. Volia¡ Maxia… nun visto e non visto a caixa de todos desaparece de escea. Fundido a negro, títulos de crédito. Fin.
Así se fai. Este é o xeito. O timo, o calote, executado a perfección. Si alguén no BNG quere que lle explique de que xeito o fixeron e, ademais, co seu apoio unánime no parlamento galego (gardado para a posteridade nas actas do parlamento) do seu partido, do marxista-leninista BNG (se Beiras levantara a cabeza… política se entende) estou aquí para quen o precise. E para dar consolo se fai falla tamén. Que che tomen o pelo deste xeito debe ser ben fastidiado.
Galicia perde así a unica cousa que, segundo a clase política (eu non o creo) nos vinculaba coa alta clase financeira nacional. Estou por celebralo.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.