A fin da sociedade civil
24 de decembro de 2010 (12:14 h.)
O 6 de decembro de 2002 foi un día especial. A costa vibraba o ritmo que marcaban os pes dos voluntarios que se afanaban na labor de recoller chapapote das pedras e da area. Centos, milleiros que de xeito coordenado, por primeira vez dende o desastre (tan so 17 días antes), durmían, comían e eran transportados por medio dunha serie de sistemas habilitados por persoas. Repito, habilitados por persoas, con escaso ou nulo apoio de ningunha administración por enriba dos propios concellos. Esta é a clave. Non nos fixo falla nada máis.
Non fixeron falla subvencións. Os cartos chegaban pero mellor diso non falemos. Non eran para os voluntarios, só para os mariñeiros e mariscadores, e os que si se destinaron a dotar os mozos e mozas que de xeito altruista soportaron clima e molestias de medios adecuados (monos, capachos, comida, transporte) o fixeron chegando dende a iniciativa privada. Donacións e cartos, de alimentos non perecedeiros, de bebidas, de mais cartos e dos propios materiais. Donouse un lugar onde durmir, todo era gratis en Muxía e noutros concellos para estas persoas. Eles se coordinaron, coma os voluntarios Riojanos que trouxeron todo o que precisaron. Eles se organizaron por si mesmos, escolleron os seus lideres e voceiros e fixeron uso deles.
Non foi necesaria ningunha organización gubernamental, ningun partido nin ningun sindicato. Só eles, coa axuda de máis persoas, da mesma Muxía, de Cee, de Corcubión ou por suposto de Fisterra. Eles protestaron cando o precisaron, trasmitiron ese malestar aos condutos correspondentes e esixiron respostas e medidas. Nada máis. O que merecían e consideraban xusto.
O momento era propicio. A liña de flotación da oligarquía política estaba tocada, dudábase de todo e de todos. Nin na esquerda nin na dereita existían salvadores. Por moito que algúns quixeron pintarse de algo parecido foi simplemente a sociedade civil a que, sen falta ningunha de apostolos ou directores se fixo cargo de todo. E aquí esta a clave de boveda. Non fixo falta ninguen.
Vivimos días convulsos. Días difíciles. A polarización política trascende tanto as paredes dos parlamentos e do congreso que dende hai moito o impregna todo. A crise ten un pai e unha nai. A crise, esa nube negra que todo o mancha, que todo o ocupa e o deprime, afoganos e comprime a nosa vida como si dunha anaconda se tratara. Pouco importa que un sexa máis ou menos rico, ou acomodado, ou simplemente que teña traballo. Estamos en crise. Pero carecemos de corazon.
A sociedade civil como tal dimitiu. Desapareceu, foi deslizándose como area entre os dedos da man. Non son falla de impulsos. Cinco millons de parados, ameaza real de aumento da idade de xubilación e do computo para sumar anos de cotización. Wikileaks e todo o que neles se destapa. Vergoñentas componendas de PP e Psoe sobre multiples asuntos. Asuntos de esos que só preocupan a partidos e bancos, os auténticos gobernantes do país. Sobran os motivos. Falta decisión.
Estamos acomodados, si, pero non é iso. Estamos tristes, vale, pero non é esa a razón. Nos falta coraxe porque, a pesares dos pesares, temos mais medo a perdelo todo que de ser francos con nos mesmos e asumir a nosa derrota. Caemos de xeonllos diante deles e simplemente non queremos erguernos. Nos falta coraxe e o medo, infundido pola televisión por orde expresa do goberno de turno (da igual, todo é o mesmo) nos atenaza. Tememos que acabe. Que finalice esta falsa tranquilidade, esta suposta “pax europea”. Ignoramos a propósito que o día que de verdade a economía europea estea en perigo Alemaña primeiro e logo Francia, e Gran Bretaña soltaran amarras da vella Europa e quedaremos co cu o aire. Coma sempre.
Preferimos calar, aceptar e consentir. Pensamos que o noso silencio nos xustifica e o único que facemos é asentir para outorgar, Dala razón o goberno é estar contra o PP e facelo con estes é ser máis facha que o de Ferrol. E así vivimos, e calamos, e aceptamos. Consentimos.
A sociedade civil morreu e nin sequera lle fomos o enterro.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.