A "Lei Sinde" ou de "como intentar defender á industria dende o Ministerio de Cultura"

Quen a estas alturas non coñece a "lei Sinde"?, seguro que todo o mundo, a lo menos, escoitou falar de ela. Pero hai dúas cousas que o cidadán medio quizais descoñeza. A primeira, onde se orixinou esta, a lei Sinde non é unha lei saída da cabeza da ministra González Sinde, senón que é unha lei ó servizo das grandes empresas musicais e audiovisuais de EEUU; quen presionaron para que o noso goberno se puxera as pilas en materia de copyright e sacara unha lei que pisase directamente os cidadáns pero que protexese os intereses de esas multinacionais (cable 135868 de Wikileaks); así naceu esta lei. Atendendo claramente a intereses estranxeiros, non para protexer a cultura. Segunda, esta lei, dende o punto de vista xudicial é un verdadeiro atropelo, mais propio de unha dictadura que de un país democrático; o principio de está lei radica en darlle poder a unha comisión para cerrar páxinas web que eles consideren que atentan contra a propiedade intelectual sen a correspondente denuncia e xuízo coas dúas partes. En concreto, as web de enlaces a descargas/visionado de contidos, que o non aloxar ningún material con copyright non están vulnerando ningunha lei Española. É unha forma de pasar por riba da lei, e de conseguir algo que legalmente non conseguirían. O noso veciño, e ministro de xustiza Francisco Caamaño parece ser o único que se posicionou en contra, e facendo honor o que representa o seu ministerio declarou que pode ser unha lei que atente contra a liberdade de expresión, e o non ser unha lei orgánica tería que pasar polos ollos da xustiza despois de pasar pola comisión de Sinde, contradicindo así a propia ministra. No obstante a lei, no seno do partido, saíu adiante. Como se pode intuír, esta lei trata a toda costa trata de protexer os intereses dunha industria, que pensa que está perdendo cartos por culpa de internet; non trata de protexer a cultura, xa que a divulgación de obras non pode ser outra cousa senón cultura. Esta lei nace do medo, un medo infundado a que os tremendísimos ingresos da industria cinematográfica (a cal engule inxentes cantidades de cartos do estado) e musical, caian en picado. Pero é iso, tal e como comentaba o editor Fernando Savater (que se reuniu fai pouco nunha cea ca ministra sinde e outros defensores da lei) … medo, simplemente medo. Os números? 2009 foi o ano con maiores ingresos nos cines nacionais de toda a historia; e a venta de CDs segue estable dentro da súa caída, dado que hoxe en día a xente prefire compralas en formato dixital. Para exemplo, en iTunes store, mais de 10mil millóns de cancións se levan vendidas desde a súa creación. Polo tanto o intercambio de arquivos non está afectando a estes sectores, solo está cambiando o modo de facer negocio de estas empresas, como xa cambiou ó largo do tempo outras tantas veces. Por non dicir que compartir música e películas, o levamos facendo toda a vida, e copiando casetes.. pero por entón non estabamos criminalizados. Entón.. para que esa lei? Queren protexer a propiedade intelectual, e non se dan de conta de que hoxe en día está mais que protexida, co intercambio non se rouba e moito menos se modifican as obras orixinais e se saca beneficio económico de iso (de ser así, a xustiza actúa en consecuencia, como debe ser). En vez de todos estes despropósitos que se pretenden conseguir coa lei Sinde porqué non aúnan eses esforzos para aproveitar estes novos tempos e crear un marco de cultura mais beneficioso para os creadores que o actual?, porqué en vez de criminalizar os que aman a cultura non fan desaparecer os intermediarios? (industria, xestores de dereitos, discográficas..) que se aproveitan do traballo axeo e que os explotan e atosigan con requisitos, contratos, royalties etc.. e sobre todo porque inflan tremendamente o prezo final de venta (unha das causas de que hoxe en día se vendan moi poucos discos), quedandolle menos do 5% do total o autor. Acaso non é mellor un autor que adique o tempo que él queira, e faga música como queira, e a venda directamente no formato que queira e recade o 100% da venda? Non se dan de conta de que os dereitos de autor se crearon para protexer os autores de plaxiadores e de abusos non autorizados das súas obras de modo lucrativo, non para protexelos dos cidadáns; entón... porqué consentimos que empresas xestoras de dereitos como a SGAE saquen tallada de “protexer” os seus autores?. Porqué as obras subvencionadas en case a súa totalidade non pasan a ser de dominio público? como lóxicamente debería ser (sen que iso impida a súa explotación comercial). E sobre todo.. non se dan de conta de que o termo piratería en internet está mal dito, un pirata neste caso é alguén que vende copias de discos non autorizadas. Compartir, nin hoxe, nin antes nin nunca é nin será piratería, e os internautas, ministra sinde, non somos uns piratas e menos uns criminais que rouban (por se isto non queda claro, sempre está a versión Disney) Ou ó mellor, en parte si que se dan de conta de todo iso... pero xa sabemos o que pasa hoxe en día, e tamén sabemos a que apesta a política, neste e noutros países. A medio escribir este artigo, acábome de enterar que o PP a día 24 de xaneiro, acaba de pactar co PSOE e CIU a aprobación desta lei, que será realidade cando se vote o mes que vén no senado. Pode haber xente que non lle dea importancia ó asunto, pero estamos ante un feito gravísimo, deixando de lado si o intercambio de arquivos é bo ou malo, estamos ante o primeiro acto de censura e de fin da neutralidade da rede de maneira oficial neste país; atendendo a intereses, a intereses industriais e o que é peor.. intereses estranxeiros. E todo esto baixo a aprobación de tres forzas de goberno que “representan” o 86% dos cidadáns Españoles. Ante todo isto, aparte de sentir vergoña e indignación, solo podo pensar en dúas frases, ditas por dúas grandes persoas: Julio Anguita “España se ha convertido en un país de pandereta” e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao “Mexan por nós, e temos que dicir que chove...”. Canta razón.
  • Mario Rodríguez Gómez. mariorodiguez@quepasanacosta.gal).

Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía

Novas relacionadas