A maleta montevideana de dona Diáspora
Menos mal que dona Diáspora chegou ao aeroporto de Carrasco cun paraugas de Peñarol na man porque senón tería dificultades para saír coa tonelada de emocións que levaba comprimidas na maleta. Os funcionarios da aduana sorriron cando miraron para o paraugas e comentaron: Buen cuadro, ése ¿no?. A nosa velliña viaxeira ten poucos amores pero un deles está na capital uruguaia. Despois de andar mil camiños afirma que non hai maior alegría que andar paseniñamente pola feira de Tristán Narvaja para informarse sobre a identidade cultural dos cidadáns da terra de Xosé Artigas. Se imos tomando mate e cunha torta frita na man pois non hai dúbida de que estamos no chanzo máis alto da felicidade.
Alí sempre estará o que buscamos. Así foi que a nosa amiga atopou o domingo 22 de maio un exemplar de “El Uruguay y su sombra” que hai máis de 30 anos que está esgotado. En 1963 sae da imprenta este libro da autoría de Walter González Penelas. Polos apelidos sabemos que era fillo de galegos. Estivo traballando no Instituto Nacional de Colonización en importantes traballos de campo no interior do país. Foi un sociólogo prestixioso e un gran poeta case descoñecido. O libro debería ser de lectura obrigatoria no gabinete do presidente Mujica nun momento en que se debate sobre o mundo rural e os seus desafíos. O gayego Lorenzo, ministro de Economía, deberá tomar nota das sabias recomendacións dun paisano seu que anticipara hai 48 anos moitos dos actuais problemas.
No seo da colectividade ten boas e duradeiras amistades. Se vai polo Centro Ourensán, recibirá as apertas de Suso Vázquez e Eliseo Rivero, dous fillos de Vilanova dos Infantes que non esquecen onde están as raíces. Tamén pode coincidir con Isabel Porteiro que aínda segue sendo a mellor camareira do mundo especializada en callos. Se falamos da Casa de Galicia hai que achegarse pola parroquia de Lema, en Arzúa, para ir ata a casa do actual presidente. Hai que aplaudir moi forte ao loitador Manuel Ramos Pérez porque o seu esforzo fixo que a entidade saíse da poza do endebedamento. Certo é que ten bos colaboradores como a presidenta de Cultura, Emilia Rego Trobo, que fai que cada peso uruguaio sexa case un euro en poder adquisitivo. A boa de Emilia mantén as actividades culturais contra vento e marea.
As mozas do Patronato están cada día máis novas e poida que a razón estea en que atoparon novos azos na avenida Rondeau. Os equipos bos sempre triunfan, antes ou despois, e iso sucede con Ana María ---a filla da bergantiñá Sabina--- e con Carmiña de Lousame e con Consuelo de Tella que non esquece as troitas do río Anllóns. Tamén están apoiando Maricarmen de Gondomar e Consuelo Cabo que xa ía polo Patronato nos tempos de Yolanda Díaz Gallego. Falando coas nosas herdeiras confirmamos que a cultura galega ten futuro nas terras uruguaias porque está nas mellores mans posibles.
Que Peñarol é un sentimento ninguén o pode negar e por iso foi que dona Diáspora se fixo aurinegra. Non é certo que o equipo dos galegos sexa Nacional aínda que evidentemente foi galego o seu mellor presidente. Por sorte, o emigrante Añón escolleu ser “bolso” xa que doutra maneira hoxe estarían en segunda división. Aclarado o tema hai que dicir que despois da feira de Tristán Narvaja é obrigatorio coller por “18” ata o parque dos Aliados. Na esquina con Martín C. Martínez hai que mercar un choripán para o camiño xa que logo na entrada na Tribuna Olímpica ---na man esquerda--- temos novamente os saborosos chourizos agardando por nós. Para gritar un gol hai que ir sempre acompañado. Se imos na compaña de Joaquín e Franco teremos cumprida información sobre as tácticas que utiliza Diego Aguirre.
Despois do partido o peche de ouro foi a cea na casa do matrimonio D'Alessandro-Vázquez na rúa Carabelas. Con Graciela e Osvaldo estamos en familia. Son dúas persoas moi responsables, preocupadas polo futuro do país e dos seus dous fillos. Na súa casa hai que seguir o estilo tano-gayego de encher o bandullo. Para ir facendo boca unha torta frita que vale por media ducia das compradas e logo uns ñoquis caseiros que fan gozar ao padal. Osvaldo lembra cando aló en Carpintería [Durazno] andaba detrás dos niños de teru-teru e Graciela garda enteiriña a imaxe do seu avó de Oróns [Bamiro-Vimianzo] cando a levou pola feira de Baio. Se queremos un bo asado hai que ir pola avenida Millán ata ulir un arrecendo. Non hai perda. Estamos no patio do fondo da casa de Pura e Pepe. Arredor dunha mesa branca os anfitrións e os convidados van debullando ducias de fermosas historias das lonxanas aldeas de Vimianzo e Zas.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .