As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.

Moi querida neta Cristina:
Como vostede ben sabe que na nosa "Asemblea Celestial" participan emigrantes galegos das dúas beiras do Prata. A nosa viaxe á beira rioplatense non se fixo mediante unha análise previa das históricas figuras dos próceres Artigas e San Martín. Necesitabamos un refuxio. Pareceunos que a terra dos horneros era un bo lugar para aprender destes laboriosos artesáns do barro. O que queremos trasmitirte é a nosa grande alegría porque estás a dirixir un goberno que se implica en irmandade co seu veciño do outro lado do charco. As diferenzas entre arxentinos e uruguaios non existen dende que o "Xefe dos Orientais" escribiu na súa carta a Manuel de Sarratea de decembro de 1812 que "o pobo de Bos Aires é e será sempre o noso irmán".
O tema vén a conto pola túa recente visita á capital uruguaia para participar na inauguración da planta desulfurizadora de ANCAP no barrio de La Teja. O mesmo martes 27 se nos ocorreu invitar á nosa reunión a Vázquez Edreira, un ex traballador da refinaría que ademais de fillo de galegos é o pai do ex presidente Tabaré. Queriamos ter información de primeira man sobre o proceso de refinación de hidrocarburos no Uruguai e sobre a empresa pública ANCAP [Administración Nacional de Combustibles, Alcohol e Portland] que foi a que asinou o acordo con AESA [a empresa constructura deYPF]. Estamos a falar dun investimento de 360 millóns de dólares. É moita guita pero o investimento deseguida amortizarase e será un forte activo para axudar ao aumento do patrimonio común dos uruguaios.
O convidado contounos sobre a súa familia emigrante. Naceu nas beiras do regueiro Pantanoso. Recordou que o mellor de ir a laburarcada día era sentir que estaba a facer patria porque o combustible que movía ao país era un produto que saía dunha empresa pública. Acordouse do visionario Batlle e Ordóñez que consideraba que un país dependente da enerxía do exterior ten que ser dono ---polo menos--- dunha parte do proceso enerxético. Lamentouse de que o paso dos anos levou a ANCAP a ir caendo en picado pola mala xestión dos sucesivos xestores "blancolorados". O ente autónomo era un moi bo acomodo para os gañadores das listas electorais máis votadas.
Para Vázquez Edreira a nova planta é unha seria aposta de futuro. Coincide coas palabras de "Raulito" sobre a necesidade de "desenvolver este investimento para asegurar o negocio de refinación no Uruguai". Explicounos que o gran valor da nova planta é que permite o desenvolvemento dunha nova xeración de combustibles máis limpos ao reducir o 99,5% de xofre do gasóleo e un 85% o das naftas [en Galicia chámano gasolina]. Ademais, o xofre non se perde xa que se utiliza para fertilizantes. Era necesario poñela en marcha porque pola contra a nosa ANCAP se convertería en "fierros vellos porque os motores contemporáneos non bancan o xofre" segundo palabras do sempre lúcido presidente Mujica.
O mandatario uruguaio é unha persoa que a ten clara. Sobre o debate arredor das empresas públicas dixo que vai ser un longo proceso porque fixeron o posible para que o Estado non avanzase, para que fose o máis clientelista, para que non se fixese cargo das ramas fundamentais de desenvolvemento do país. Sen un Estado vigoroso non se vai a ningún lado". Vos o conocés ben. Sabés que o avó Mujica che aprecia, é unha persoa que se fai querer e respectar porque a súa calidade humana que non deixa a ninguén indiferente. Mandoulle un suavecito recadito á oposición dos coimeros"blancolorados" ao expresar que tería querido, de todo corazón, que o sistema político enteiro do Uruguai estivese aquí e decatásese deloq ue significan estas cousas, porque esta refinaría non é para a esquerda, nin para a dereita, é do pobo uruguaio".O compañeiro Vázquez Edreira leunos algunhas palabras do teu discurso que nos parecen moi integradoras: Cremos que podemos axudar a Uruguai a ter hidrocarburos e que contribúan á integración rexional. Os nosos países foron bendicidos con terras marabillosas, necesitamos agregarlle valor a esa produción pero todo iso faise imposible se non temos enerxía". Ben dito, querida neta, te podésromper o lombo a laburar nun taller pero se te resulta caro o combustible estás en desvantaxe. Se o produto resultante é caro para o mercado interno; te podés maginar que de exportar xa non falamos. Os avós galegos rioplatenses temos unha mesma orixe. Todos viñemos do norte. Os arxentinos e uruguaios descenden da vella árbore hispánica que estende as súas ramas pola gran patria federal que estamos a edificar con actuacións como a de colaborar en independendizarnos dos voitres do comercio internacional de hidrocarburos.
Ben, Cristina, alegrámonos de que dirixas un goberno de compromisos. Entenderás que a cidadanía está farta de soportar os contos de políticos chanta que soamente velan polo seu interese particular. Fágote chegar un abrazo cariñoso ben cargado do suave rumor das follas dos máis lindos carballos da miña aldea de Mazaeda.
O compañeiro Vázquez Edreira leunos algunhas palabras do teu discurso que nos parecen moi integradoras: Cremos que podemos axudar a Uruguai a ter hidrocarburos e que contribúan á integración rexional. Os nosos países foron bendicidos con terras marabillosas, necesitamos agregarlle valor a esa produción pero todo iso faise imposible se non temos enerxía". Ben dito, querida neta, te podésromper o lombo a laburar nun taller pero se te resulta caro o combustible estás en desvantaxe. Se o produto resultante é caro para o mercado interno; te podés maginar que de exportar xa non falamos. Os avós galegos rioplatenses temos unha mesma orixe. Todos viñemos do norte. Os arxentinos e uruguaios descenden da vella árbore hispánica que estende as súas ramas pola gran patria federal que estamos a edificar con actuacións como a de colaborar en independendizarnos dos voitres do comercio internacional de hidrocarburos.
Ben, Cristina, alegrámonos de que dirixas un goberno de compromisos. Entenderás que a cidadanía está farta de soportar os contos de políticos chanta que soamente velan polo seu interese particular. Fágote chegar un abrazo cariñoso ben cargado do suave rumor das follas dos máis lindos carballos da miña aldea de Mazaeda.
Pascasio FERNÁNDEZ GÓMEZ