Dona Diáspora na Habana
A nosa activa valedora dos emigrantes despediu o 2014 na Habana. Aínda que adoita celebralo en Baíñas [Vimianzo] na compaña da súa milenaria amiga Pedra da Arca tivo que cambiar de roteiro xa que recibiu unha invitación urxente de Fidel Castro Ruz para cear na “Perla do Caribe”. Quedou moi sorprendida pois levaba desde 1991 sen contestación a unha petición que lle fixera ---sendo presidente de Cuba--- diante da casa de Manatí, na que o presidente Fraga Iribarne vivira unha boa parte da súa infancia.
- Fidel: ¡Benvida! Alégrame moito que aceptaras o meu convite. Despois de anos sen noticias miñas e agora convócote sen previo aviso. Espero perdoes a miña absoluta falta de cortesía pero creo que te irá ben un golpiño de calor tropical e unhas cantas cuncas ---así lle chamaba don Manuel--- dunha queimada especial que prepararei co mellor ron do mundo.
- Diáspora: Non hai nada que agradecer. Entenderás que son a primeira interesada en volver sobre o tema que te presentei en 1991. Por outra parte, conta a teu favor a grande amistade que me unía co nobre emigrante don Ángel de Láncara. Supuxen que agora retirado, terás máis tempo libre para reflexionar sobre o medio século de historia cubana na que fuches protagonista. Pensei que tiña que aproveitar para convencerte de que é o momento axeitado para que acendas a luz verde sobre a proposta que te fixen.
- Fidel: É certo, miña amiga, é o momento de reparar erros. Estou na fin do camiño. Se mañá vou para o cemiterio, pasado mañá hai eleccións e gaña o partido dos cubanos que se foron a Miami nos primeiros anos da década do 60. Non é para desmerecer ao meu irmán pero é evidente que o “Chino” non ten a autoridade moral que teño eu. É bo cumpridor das súas obrigas pero entende pouco de economía. Quedou ensarillado e tolleito na retórica anti-capitalista de cando baixamos da Serra Maestra.
- Diáspora: Vexo que estiveches repasando os 50 anos nos que fuches o John Wayne da película. Tocóuche a ti ser o guieiro do rabaño. Durante anos levaches aos guajiros a pastar dentro dun valado no que o lobo non atacaba. Algo conseguiches pero sintes que es un pastor fracasado. Non lle teñen medo ao lobo. Ao ver que a herba non chega, invádeos unha ansiedade que os move a buscar un carreiro fóra do espazo delimitado polo caiado do pastor. O quero decirche é que calquera tipo de organización política é pasaxeira. Ademais, a análise que se faga do pasado case nunca é obxectiva xa que enchemos de cores onde só hai branco e negro.
- Fidel: Contigo pódese falar. Ábresme os ollos cos teus razoamentos de vella galega emigrante. O xigantesco escritor Miguel de Cervantes ---por certo, lín que ten orixes lucenses como as miñas--- dicía que había que confiar no tempo porque “suele dar dulces salidas a muchas amargas dificultades”. Ben, teño as miñas dúbidas de que sexa así e propoño firmemente confiar sempre no ser humano. O tempo é pouco serio, moi variable. Póñote un exemplo: unha hora na compaña da túa namorada vaise voando e unha hora encarcerado pode ser eterna. Cando decido que é necesario rematar coa ditadura de Batista non quero deixar pasar o tempo. Opinaba que o tempo non era neutral, iba pasando e os ricos facíanse máis ricos e os pobres, más pobres.
- Diáspora: É unha satisfacción escoitarte falar e comprobar que estás a corrixirte. Coido que houbeses impartido unhas moi boas clases de historia ou de filosofía pero fuches de cabeza a facer de Cronos e pasou o que pasou. Os anos ensinan a ser humildes. Poida que a clave o a chave da paz espiritual e tranquilidade de conciencia estea no feito de que o corazón triunfe sobre a razón. Arredor do tempo habería que consultar a Stephen Hawking aínda que eu non entendería a súa explicación. O tempo é un bo docente pero o seu valor didáctico recoñécese ao final do camiño. Co tempo non funciona a prevención, é unha pena, houbesemos evitado unha cantidade de erros que recoñecemos cando non lle queda máis corda ao reloxo.
- Fidel: Realmente, estou encantado de que esteas na Habana. Ao mellor fágoche caso e nunha vida futura, dou clases de Historia de América. Nunca se sabe. ¿Imaxínasme na aula explicando as causas e consecuencias do medio século de embargo yanqui a Cuba? Aquí tería as miñas dúbidas. Non é doado pois se che fago caso a ti e deixo que fale o corazón, trasmitirei aos alumnos que os imperialistas do norte afogaron coa súa forza unha alegre isla que quería vivir con ritmo propio. Se deixo falar a razón: terei que aceptar que un danzón, un pasodoble ou unha canción de Elvis son diferentes formas de expresión musical. Non inflúen, por tanto, no sentimento patriótico dos cubanos que é un ben inmaterial non embargable.
- Diáspora: Alégrame que teñas a valentía de recoñecer que no pasado vías todo con excesiva carga emotiva. Coincido contigo que na fin do camiño debemos de afastar todas as brétemas posibles para non sermos castigados coa escuridade ao chegar aló enriba. Imos ao tema que supoño me trae ata aquí nesta noite habaneira de San Silvestre. Agardo que me citases para informarme sobre a petición formulada para que se proceda a devolución oficial aos seus lexítimos propietarios do inmoble rexistrado en escritura pública a nome do Centro Galego da Habana. Na capital cubana os galegos emigrados esforzáronse por labrarse un futuro a título individual e a título colectivo. Por un lado o fogar familiar e por outro o fogar social. Coas súas achegas construíron o gran palacio do Centro Galego que é un xoia arquitectónica de gran valor. O goberno que ti dirixías, expropiouno e pasou a ser utilizado por diferentes entidades públicas. Non esquezo de facer a puntualización de que as sociedades galegas seguiron contando cun espazo para desenvolver as súas actividades culturais.
- Fidel: Certamente, Diáspora, chameite con urxencia para resolver o asunto do Centro Galego. Son consciente de que estoume achegando a tumba. Non quero marchar sen antes arranxar o tema da devolución do Centro Galego aos seus donos ou propietarios. Como podes ver non escapo pola tanxente e fáloche da propiedade privada dunha sociedade mutualista que volverá a estar nas mans dos socios. Estou en débeda cos con meu pai que inculcou en min o valor da perseverancia. Inventouse un dito con rima que adoitaba repetir: “no se llega a Camagüey con la sombra del jagüey”. Quería uns fillos que se movesen e aconsellaba baseándose na súa experiencia de vendedor ambulante que percorrera as facendas coas súas mulas carregadas de roupa de vestir e de cama. Así foi como aforrou os primeiros pesiños que investiu en mercar un anaco de terra cubana. Foi un gallego “corajudo” que se namorou das paisaxes dunha illa que dicía sandaba calquera humidade e dor nos ósos.
- Diáspora: Moi ben, Fidel, non esperaba outra cousa de ti. Abriuse unha porta a unha nova realidade co acordo de restablecemento das relacións diplomáticas cos Estados Unidos. Nesta liña aperturista que non ten volta atrás, pídoche que interveñas con firme resolución. Es o máis indicado para impulsar o acto de reparación que enlace definitivamente aos nosos descendentes ---cidadáns cubanos--- coa herdanza dos seus avós galegos. É certo que o parentese que lle puxeches aos seus dereitos foi demasiado longo pero xa coñeces o dito de que “nunca é tarde cando a dita é boa”. Se queres podo facerlle chegar ao presidente da Xunta de Galicia, unha tarxeta invitación do teu puño e letra. Coido que corresponde o convite para que sexa testemuña nun acto xurídico que marcará o comezo dunha nova etapa na que un gaiteiro cubano anunciará ao mundo que se abren os camiños da liberdade para os amantes da democracia. Graciñas, de verdade, despídome. Volvo a Galicia co convencemento de que cumprirás a túa promesa de devolución no vindeiro ano.
- Fidel: Entendo que teñas présa por comunicarlle aos habitantes de Láncara que Fidel, o fillo de don Ángel Castro Argiz, comprometeuse á devolución do Centro Galego da Habana. Poderías quedarte uns días para visitar Santiago de Cuba pero outra vez será. Fágoche constar, sinceramente, que o agradecido son eu porque teño a oportunidade de remendar a gran metida de zoco de incautar unha propiedade que leva nos seus alicerces e paredes, o suor de milleiros de emigrantes da terra de Rosalía de Castro. Asegúroche que o Centro Galego da Habana, construído no Paseo do Prado ou de José Martí, volverá ao seo da colectividade galega na maior brevidade posible. Antes de marchar, por favor, bebe outra cunca de queimada ao estilo galaico-habaneiro para que o camiño de volta sexa más pracenteiro. Unha aperta e feliz retorno!
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata.
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).