Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata

A nosa sempre disposta dona Diáspora asistirá a unha serie de celebracións que en Bos Aires e Montevideo lembrarán ao Día das Letras Galegas. Aínda que leva moitos séculos de singraduras no seu lombo non quere perderse o convite dos irmáns emigrantes residentes nas capitais da Arxentina e do Uruguai. Alí ten centos de amigos e milleiros de coñecidos que latexan ao mesmo ritmo que as ondas do mar de Fisterra e que se emocionan cada vez que diante do Pórtico da Gloria admiran a obra do xenial Mestre Mateo. 

Quere achegarse ao Centro Cultural do Partido da Estrada para ver a exposición  “Inmigrantes ayer y hoy” e falar un pouco con Carolina Roig sobre a xente das comarcas de Tabeirós-Terra de Montes. Buscará  recordos e comentará cordialmente con Carolina de que alí entre tantos retratos iría moi ben unha foto de Carlos Gardel. Non calquera imaxe senón a máis famosa que é onde aparece con sombreiro e camisa de raias feita en Montevideo en 1933. O que a fixo foi un estradense, o fotógrafo preferido de Gardel, Xosé María Silva Fernández, que nacera en Montillón na parroquia de Santo André de Souto. 

Irá  tamén ao café literario Montserrat para escoitar a fermosa voz de Graciela Pereira nalgún tango de autor galego. Quizais sexa “Arrabalero” ou “Garufa” ou poida que algún vello tema de “El Viejo Pancho”. A neta de Lalín ten unha especial sensibilidade e unha excelente formación xa que foi a alumna predilecta do gran humanista Antonio Pérez Prado. O neto de Parga escribiu en 1994 na presentación do disco Terra Meiga: “Nadie hizo en estas playas de la diáspora gallega lo que tu hiciste y nadie podría hacer lo que te propones y vas a lograr, sin perder, ni la sonrisa ni la paciencia, a pesar de todo”.

Cando o domingo cedo estea cruzando o Río da Prata no rápido barco de “Buquebus” estará desexando chegar ao porto de Montevideo para ir axiña ata a rúa de Tristán Narvaja. Ten que atopar a David Pezzano, agora libreiro e antes de 1970 alumno do Liceo Rodó, que sempre lle garda vellas edicións de revistas montevideanas cheas de imaxes que a enchen de morriña. Na feira é onde mercará a camisola de Peñarol para o neto “celtarra” de dona Valentina de Tines. O mozo de Calo [Teo] está abraiado coa historia futbolística do Uruguai e di que aquela pequena república merece todos os eloxios. Das súas canchas [por certo, unha palabra de orixe quechua] saíron os mellores xogadores de América nos primeiros 50 anos do século pasado; sen esquecer  que dentro das ringleiras aurinegras xogou un “gayego” chamado Xoán Pena  que foi o primeiro gran goleador do fútbol uruguaio. 

O luns pola mañá irá correndo ata unha oficina do Rexistro Civil que está nos baixos da Intendencia Municipal [concello] para ver de localizar a partida de nacemento de Obdulio Jacinto Varela. Cando fale con Cristina Fernández comentará que Obdulio leva dous apelidos enteiramente galegos: Varela [=varilla] e Muíño [=molino] polo que o Gran Capitán debería de recibir o nomeamento póstumo de “Cidadán Honorario de Galicia”. Tamén lle pedirá á neta da Pastoriza [Lugo] que fale co seu amigo Daniel Viglietti sobre Obdulio. O gran intérprete de “A desalambrar” é un bo amigo de Galicia e amigo persoal do presidente Mujica. Trátase de que a vida exemplar do heroe de Maracaná ---foi decisivo na victoria dos celestes--- sexa coñecida polos escolares do Uruguai. Hai un trío de grandes homes que os uruguaios deben manter sempre no máis alto: Artigas, Gardel e Obdulio.  

  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Colaboracións anteriores dende Lonxe de Montevideo

  • Sempre na Habana!..
  • Imos camiño da Habana?.
  • O exilio de don Voto Perdido.
  • A nosa herdanza na Habana.
  • O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
  • As tres palabras que perderon os emigrantes.
  • Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
  • Dona Diáspora en Hollywood.
  • Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
  • Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
  • Galicia fíxose na diáspora.
  • Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
  • Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
  • Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
  • Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
  • As alegrías e as penas de dona Diáspora.
  • Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
  • Un tango para Rosalía de Castro.
  • Forza Uruguai!.
  • No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
  • Dona Diáspora quere máis retorno.
  • Os grelos de Gladys.
  • Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
  • As empanadas montevideanas de dona Valentina.
  • Un baúl da Arxentina.
  • A tolemia do voto emigrante.
  • A singradura emigrante.
  • O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
  • Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
  • A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
  • As mans de María.
  • Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
  • O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
  • Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
  • As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
  • Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
  • Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
  • O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • A miña noraboa para Castelao Bragaña.
  • A biografía dun poeta emigrado.
  • Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
  • A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
  • Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
  • Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
  • Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
  • O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
  • Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
  • Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
  • Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
  • Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
  • A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
  • ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
  • A familia Penedos de Pasarela.
  • Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
  • O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
  • O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
  • Unha boa vacina contra do peronismo.
  • ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
  • O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
  • A güeya dun gaucho de Ribadeo.
  • Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
  • Un ferreiro de Tines en Montevideo.
  • Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
  • Os nosos herdeiros riopratenses.
  • A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
  • Un emigrante de Fisterra.
  • Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
  • Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
  • De Barallobre a Bos Aires .