Entelequia
29 de outubro de 2010 (21:58 h.)
Teño falado máis veces deste asunto pero despois de varias conversas, entre elas una mantida por una compañeira cun mestre de xeografía humana da USC, o asunto rexurde con máis forza no meu argumentario e, penso eu, dá un xiro grave cara o desastre.
E todo por varias razóns que, obxectivamente, me parecen claro exemplo do desastre continuo no que a nula xestión, o autobombo político e a autocomplacencia xeral nos teñen instalados. A pregunta é simple e ten resposta ¿Qué é a Costa da Morte?. Non, non falo nin de sentimentos, nin de mitos e lendas, nin de libros marítimos do século XVIII. En pura física, en xeografía e en economía, en resumidas contas, en lei ¿existe a Costa da Morte como entidade, organismo ou… algo?. A resposta e simple e claramente non. E dende aquí, o debate, simplemente, sobra.
Non porque non sexa necesario, perentorio, facer una reflexión realista, que teño pedido antes, dende o social, o económico e o xeográfico (comunicacións e demais), senón porque falar de que é ou que non é, por moito que algún xornal se empeñe e algún veciño de Carballo e comarca tamén, non ten sentido nin vale para moito mais que para o que vale una liña amárela en Cee. Para nada.
E non carece de gravidade que, semana si semana tamén, a mesma Xunta de Galicia se empeñe en vulnerar a lei facendo públicos acordos no DOGA o respecto de plans, proxectos e inversións destinadas a una entelequia, a un mito, a una lenda. Plan REVIVE Costa da Morte, Plan de desenvolvemento, axudas a emprendedores na Costa da Morte. E claro, xusto debaixo, una lista de concellos (que eses si son entidades legalmente constituídas) os que van destinados eses fondos. E así, vemos como, igual que na milagre dos pans e os peixes, a Costa da Morte, a entelequia, o mito, medra e encolle a vontade. Ora 14 concellos, ora 12, ora 15. Muros si, Muros non, Santa Comba só ás veces, Carballo e Coristanco, A Laracha, pero de vez en cando. E así, tamén, múltiples visións compartindo espazo.. a de Neria, antes e agora, a da FECOM, que son parecidas pero que antes non o eran. A de esta Xunta, a da Xunta de antes. Sen regulación e sen argumentación lóxica ningunha. O chou. Todo un clásico.
O peor é cando se quere facer comulgar o persoal con rodas de muíños. É ben sinxelo. ¿Alguén me pode ofrecer un dato oficial que me diga, en euros por favor, cantos cartos me chegan a min en Cee polas inversións da Xunta en carballo?. A Consellería de Traballo aprobaba onte outorgar dous obradoiros de emprego a Cabana e Coristanco ¿pode alguén dicirme de que xeito me vou beneficiar, economicamente claro, eu ou calquera veciño de Corcubión ou Fisterra por eses empregos e esas obras en eses concellos da comarca de Bergantiños?.
Despois, claro, certos xornais titulan que so “dous concellos da Costa da Morte” reciben obradoiros. Claro que será na “súa” costa da Morte. Na miña non e, polo que se ve e se escoita, na do alcalde de Dumbría tampouco. Está visto que el tampouco ve que Cabana e Coristanco sexan Costa da Morte.
Lembro que, no fragor do “Prestige” lin un titular, a verbas dun voceiro da Xunta de Fraga, que outorgaba beneficios para a Costa da Morte por inversións que se ían facer… en Arteixo.
Esta é a Costa da Morte. Unha goma. Unha entelequia sen contidos reais. Sigamos falando do País das Marabillas.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Columnas anterioires
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.