First Lady

A política e o goberno nos Estados Unidos teñen reservado un papel moi concreto a figura da compañeira, da dona, da muller do presidente electo. “The First Lady” a Primeira dama, así é coñecida. Tratase, como noutros casos, de dignificar un papel difícil, oculto, o de aquel ou aquela chamado a figurar a carón do líder de turno pero sen contido político ou de poder algún…. Supostamente.

Ao longo da historia son moitas as primeiras damas as que se atribúen poderes e decisións superiores á súa posición, dende Eleanor Roosevelt, muller de forte carácter que dedicou o seu tempo a exercer de “servizos sociais” nun pais que carecía de nada parecido. Ou Hilary Clinton, de quen se considerou sempre unha capacidade de liderazgo e análise política moi superior a do seu home, o lembrado Bill Clinton.

Todo isto vén o caso de outras mulleres, consortes ou non, as que a historia esta a ofertar un papel destacado. E mesmo de homes que, na mesma circunstancia de sombra diante dunha muller de maior nivel e capacidade, sofren o estar tapados, ocultos á visión maioritaria da poboación. Son papeis difíciles estes dos “segundóns”. Complexo deixar claro que se pensa, sempre supeditados ao ditado do líder ou da líder de turno.

Algo parecido sucede a outros niveis coas organizacións sectario-políticas que actualmente ocupan a maior parte dos órganos de goberno a tódolos niveis. Grupos de presión, oligarquías, poliarquias na definición de Robert Dhal que non considera que a nosa sexa realmente unha democracia (ningunha, en definitiva).

Como teño dito algunha vez, e como definía fantasticamente Mark Curtis vivimos mais ben “Nun sistema no que un pequeno grupo goberna e a participación das masas se limita a elixir dirixentes en eleccions dominadas polas elites que compiten". E punto. As elites que compiten as forman os principais de entre os partidos dominantes, e eles executan, contra incluso o ditado da maioría, as políticas que consideran. Sen máis. Non importa o segundo plano, quen sexa ou non o que se vexa afectado polas decisións. A modo de secta davidiana os acólitos acoden sen dubidas, cegos e sordos, aceptando sen máis a opinión do líder. Ou coidado, a opinión “da maioría” de ese suposto mecanismo infalible que di que cando de 20 persoas 15 aceptan o exterminio dos outros cinco, iso esta ben.

Ninguén se para a valorar si as decisións son as correctas. Son as que son e as toma “a maioría”. Ninguén se detén a meditar si resulta lóxico que un país coma os Estados Unidos o goberne un putero aínda que a súa muller sexa infinitamente máis lista que el. A “maioría” sempre ten razón (a mesma maioría que despois elixiu dúas veces a Bush Jr.)

De Primeiras Damas algúns estamos cheos, estean estas disfrazadas de raíñas consortes ou de ex-xefas de gabinete. Algúns, ademais, estamos fartos tamén de maiorías ocultas que prefiren pechar filas ao redor de decisións inasumibles pola “maioría” a quen prefiren non escoitar.

Por certo, a columna da pasada semana congregou máis de 100 apoios no Quepasanacosta.com. Xente pouco concienciada nas súas convicións e na xustiza social. Supoño.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores