Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908)
11 de novembro de 2010 (17:33 h.)
O acolledor bosque de había uns minutos converterase nunha selva pavorosa. O camiño certo era agora o labirinto máis intricado. E os melodiosos sons que animaban a arboreda constituían neste instante ameazas horribles.
A pequena despistouse un instante e esta distracción coincidira con outra dos seus pais xusto nunha zona onde se bifurcaba o sendeiro en varias rutas, sinuosas todas elas. E alí estaba ela no medio de todo ese verde abafador.
Imaxinaba ao seu pai buscándoa desesperadamente en todos os recunchos da fraga. A súa nai, paralizada seguramente pola angustia, estaría consolando aos outros dous fillos, convencéndoos dun pronto reencontro.
Deambulando polo bosque, intentando albiscar pistas do primeiro traxecto percorrido, o seu ánimo encollía para deixar sitio a un medo inmenso que o ocupaba todo. Nunca os vira. Nin os oíra. Pero sabía que estaban aí. Os monstros do bosque. A súa nai previulle contra eles desde que naceu, aínda que sempre imaxinou que eran historias esaxeradas para extremar a súa precaución á hora de pasear polo monte, onde nunca se debía separar da súa familia porque as bestas axexaban.
Pero agora que estaba soa, reparou no fatal descoido dos seus pais: describíranlle con detalle centos de veces as atrocidades que eses monstros podían cometer ("por moito que corras sempre te alcanzan, te despezan sen motivo e aniquílante aínda cando non teñan fame"), pero se esqueceron de describir o seu aspecto físico. Estaba claro que non eran eses seres arrepiantes os paxariños que cantaruxaban naquel castiñeiro. Nin as travesas lagartixas que se cruzaban de cando en vez na súa andaina. Tampouco as aves escuras, que con mirada avesa a escudriñaban desde unha rama, poderían ser a encarnación da besta; eran demasiado pequenas e só pensou que parecían lunares de noite no día xa minguante.
Agora corría e corría sen rumbo. O tempo pasaba e sabía que chegando o solpor as posibilidades de que os seus pais a atopasen serían máis remotas. De súpeto, nunha revolta do camiño topouse cun enorme animal, ergueito poderoso nas súas patas traseiras. Non se parecía a ningunha das criaturas que coñecía, e só o seu descomunal tamaño fíxolle pensar se non se trataría do becho horrible contra o que lle advertiran. A súa expresión non reflectía, con todo, ferocidade algunha, só a mesma curiosidade que sen dúbida manifestaba a súa propia actitude.
As miradas mantivéronse expectantes a unha na outra e non houbo máis movemento que o da brisa que acariñaba as dúas estatuas en que se converteran. Pero ao pouco tempo, a pequena observou como o animal levantaba lentamente unha das súas patas dianteiras. E ata unha cría como ela tivo o suficiente instinto para advertir a inminencia do perigo e comezar a fuxir lonxe de alí.
Sen embargo, a pequena coelliña avanzou a penas uns metros, alcanzada a pobre na súa cabeza pola pedrada dun rapaz que esa noite presumiu ante os amigos da súa gran puntería.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.945) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).