Hoxe: Todo (Corcubión, 1.961)

  • (Esto é unha declaración de amor. Miña nai cre que foi a que lle fixo o meu pai hai medio século. Todos na miña familia crémolo. Melindrosa, remirada, esaxerada,...amorosa.)
 

Hoxe atopei a un amigo que estaba radiante. Contoume que acababa de regresar dunha viaxe a Turquía, onde adquiriu unha lámpada que resultou ser máxica. Primeiramente pediu voar e concedéuselle. Logo reclamou ser novo para sempre e efectivamente érao grazas á lámpada. E para rematar solicitou ser inmensamente rico e niso converteuse desde que esgotou o terceiro desexo.

Hoxe o meu amigo poderá contar que se atopou con alguén máis feliz que el. Eu, miña vida. Porque teño unha persoa máxica coa que consigo moito máis que tres desexos.
Coa que voo cada vez que tomo a súa man, elevándome do mundo para velo cos ollos puros e tenros de Peter Pan.
Coa que non pasa o tempo cada vez que miro os seus ollos, dous xigantescos soles irradiando unha luz de vida infinita que derrite os reloxos.
Coa que son o máis adiñeirado ser do universo, pois ninguén posúe maior fortuna. Porque hai outros sorrisos, pero ningún é unha festa marabillosa como o que ti tes. Hai outras voces, pero non formiguean a alma como a túa. E hai outras caricias, pero ¿viches levitar a alguén como eu o fago cada vez que a túa pel bendí a miña pel?  
Hoxe, ceo, o meu amigo poderá contar que o que ten o teu amor teno TODO

Tanto o relato anterior como o poema que sigue a continuación están adicados a meus pais, Lis e Lili, que hai hoxe cincuenta anos se casaron en Corcubión. 

Entonces
Si se redacta la dicha,
si se compone el anhelo,
si la luna que fascina
cupiese en un verso. 
Si hubiese rimas eternas,
si hallase letras de cielo
y un texto como tus ojos,
los más traviesos. 
Si hay cómo decir tus risas
y cómo el viento en tu pelo;
si pudiera estremecerte
sin un beso. 
Si se explicara pasión
y describiese revuelo,
si existiera alguna forma de
calificar embeleso. 
Entonces sí que podría
fugarme de tus hoyuelos
para escribirte un poema
del más feliz de los presos.

  • Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)

Relatos anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).