Hoxe: Uve (Olveira, 1959)
Está anoitecendo e unha tormenta ábrese paso no ceo escuro apartando claros e chuspindo choiva. Ao final dunha pista de terra, no medio dun bosque e co auto avariado, dous homes, Vicente e Uxío, deciden buscar axuda nalgunha casa próxima.
A tormenta vai a máis e agora corren polo monte desorientados, abríndose camiño entre toxos e silveiras. Un deles laméntase por un rachón do seu calcetín azulado provocado por un toxo; observa a ferida do nocello esquerdo e o outro, ao ver a súa forma de uve, coméntalle, xocoso, "quedouche unha marca coa túa inicial, Vicente".
Avanzan empapados e ás escuras, coa intermitente claridade dos lóstregos que lateguean a noite. De súpeto, unha luz, unha casa.
No salón, ó calor da cheminea, charlan coa estraña familia que lles acolleu. Un pai e un fillo ananos e unha nai de estatura mediana pero cunha rara constitución: o seu corpo era o propio dunha anana pero as súas pernas, envoltas en pantalóns, aparentaban unha lonxitude normal.
Os dous homes contan que son enxeñeiros e que estudian un posible traxecto para unha estrada. Pola súa banda, o pai revela que é médico pero non exerce, pois prefire dedicarse á investigación na soidade do bosque.
As palabras flúen corteses pero as miradas apuntan impertinentes: as da familia ás pernas dos enxeñeiros e as destes aos andares da muller, abaneantes coma se estivese sobre uns zancos.
Os homes resolven pasar a noite alí, invitados con insistencia pola familia. No medio da noite, espertado por un trono, Uxío observa que Vicente non está na súa cama. Trata de saír da habitación pero comproba que está pechada con chave. Tras un violento forcexo intentando abrila, opta por romper a pechadura coa axuda dun atizador, o cal consegue tras múltiples e rabiosos golpes. Tras porse pantalón e xersei, descende a escaleira e xa na planta baixa escoita, entre trono e trono, arrepiantes berros que parecen provir do subsolo. A primeira intención de Uxío é fuxir, pero escoita nese momento un "nooooon" estremecedor no que recoñece a voz de Vicente. Volve tembloroso a polo atizador e busca un acceso ao soto por toda a casa, achándoo en forma de trapela situada nun recuncho da cociña.
Uxío baixa lentamente pola escaleira e a medio percorrido contempla con pavor unha horripilante escea: no medio do soto, amplamente iluminado, atópase Vicente tendido nunha padiola e atado con ligaduras. Ao seu arredor, o pai e a nai da estraña familia axudados por unha terceira persoa no que semellaba ser unha especie de operación cirúrxica, dado o atavío que os tres utilizaban e o instrumental que tiñan nas súas mans. Noutra padiola veciña, o corpo dun anano coa cabeza rasurada parecía durmiñar plácidamente.
A presenza de Uxío na escaleira foi rapidamente detectada e o descoñecido que estaba axudando aos pais botou a correr cara a el. Uxío escapou escaleiras arriba pero foi alcanzado nun costado por un obxecto punzante lanzado polo seu perseguidor. Ouveou de dor, pero non detivo a súa fuga e saíu da casa espavorecido para refuxiarse no fundido da noite, aínda tormentosa.
Correu e correu Uxío ata que caeu desfalecido aos pés dun carballo. Perdera moito sangue e improvisou unha vendaxe utilizando as mangas do xersei, emplastando a ferida cun par de follas de plantas que lle pareceron axeitadas para ese fin. Tras repor forzas durmindo profundamente, xa era día cando se incorporou con dificultade para construír un pequeno refuxio pegado ao carballo. E alí estivo uns cantos días, bebendo a auga dun arroio e alimentándose con mazás que recollía dunha árbore próxima e con outros froitos do bosque. Intentou varias veces afastarse do agocho para buscar axuda, pero a súa debilidade e a dor do costado fixéronlle desistir.Cando por fin se viu preparado, comezou a camiñada apoiándose nun pau e dirixiuse á dirección contraria á zona onde estaba a casa dos ananos. Avanzaba lentamente e de cando en vez quedábase inmóbil e en silencio desexando escoitar algún son civilizado. Transcorreron un par de días e ao fin chegou a unha pista de terra; Uxío estaba tan canso que sentou nun prado lindeiro á pista esperando algún transeunte que puidese auxiliarlle. E ao cabo dunhas horas, como un milagre, un garda civil apareceu de súpeto montado nun cabalo; a alegría de Uxío foi desbordante e ó momento desapareceulle a dor e a fatiga. Púxose na pista levantando un brazo e o garda dirixíuse cara a el.
Uxío relatou ao axente toda a súa odisea, falando sen parar e insistindo en que o primeiro era acudir a un médico a tratar a súa ferida, pero inmediatamente deberíase realizar unha batida polo bosque en busca da casa na que tal vez estivese aínda vivo o seu amigo. O axente levaba o tricornio e a capa postos; escoitaba a Uxío atentamente e só o interrompeu para indicarlle que montase no cabalo. Na cabalgata seguía Uxío referindo os horribles feitos que lle aconteceran. De súpeto, a montura freou; Uxío reparou en que estaban xusto ao final da pista e que alí se atopaba aínda o seu coche avariado. Desmontou e achegouse ao automóbil para observar o seu interior, gritando "¡este é o noso coche, é este, aquí perdémonos!". Entón, Uxío volveuse ao garda, que tras quitarse o tricornio iniciaba o movemento para apearse do cabalo. "Esa fronte...ese pelo ao cero...": Uxío recoñeceu de inmediato ao anano da padiola, e ía iniciar a fuxida cando este, aínda montado, encañonouno cunha pistola. Pero Uxío non miraba o arma que lle apuntaba, senón o pé esquerdo do presunto garda, e o seu presentimento cobrou forma cando viu efectivamente que o que encaixaba no estribo era o calcetín azulado rachado e a cicatriz en forma de uve de Vicente.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: O pendente (Ponteceso, 1991).
- Hoxe: O espello (Cee, 1925).
- Hoxe: Todo (Corcubión, 1.961).
- Hoxe: Coma un pano (Coristanco, 1.984).
- O trofeo (Berdeogas, 1943).
- Hoxe: Tocando (Toba, 1966) .
- Hoxe: “Perder ou perder” (Carballo, 1964) .
- Hoxe: A primeira (Cee, 1970).
- Hoxe: Sabas (Carballo, 1986).
- Hoxe: A carreira (Zas, 1956).
- Hoxe: Prexuizo (Carballo, 1.997).
- Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979) .
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía
-Fisterra, 1.973)
. - Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).