Indiferenza
Existen consideracións morais que están por enriba mesmo da mesma lei. Esta premisa que poucas veces temos en conta está moi presente estes días nos meus pensamentos diante da avalancha de acontecementos que se producen na nosa bisbarra, mesmo fóra dela, mesmo fóra do país, nas terras da África oriental e mesmo mediterránea onde unha onda de indignación popular fai caer réximes e ditadores dende hai un mes e medio.
Existen razóns que están por enriba do que é ou non é licito. Dese tipo de razóns, de consideracións éticas e morais xorden frases do tipo da que di que “o político non só debe ser honrado, senón tamén parecelo”. Dedicarse ao servizo público ten de particular unha cousa de entrada que fai inviable que personaxes de unha certa catadura moral practiquen esa clase de dirección publica por moito que un fato de electores desinformados os teñan elixido. O servizo publico é, basicamente, iso. Servizo. Non caben as intereses persoais, privadas, non caben as intereses empresariais, nin sequera caben, aínda que isto que vou dicir pareza autenticamente marciano, os intereses partidistas. O mandatario ten que ser puro, claro e cristalino. Non poden albergarse dúbidas, interesadas ou non, nin na súa persoa nin na súa xestión. Claro que, a vista dos feitos, todo isto non é mais que teoría.
Hai un par de días un formalismo burocrático decidía o peche (escusaba, penso eu, a que as autoridades optaran polo peche) dunha emisora municipal de Radio, a Neria de Corcubión. E, de verdade, a día de hoxe non o entendo. Hai uns días, por indicios, por presuntos delitos, por pesquisas policiais, o xuíz do nº2 de Corcubión decidía deter a tres persoas. Claro que, estes tres, foron xa “condenados” pola opinión pública, a mesma opinión pública que abrazaba e aplaudía a outro grupo de detidos e imputados por delitos onde a moral, a ética, non están tan claras. Porque diante das drogas, ou da violencia terrorista, por exemplo, todos somos un. A condena é unánime, incluso previamente a dos xuíces e xurados. Pero si se trata de estafa, de malversación, de prevariación, de suborno a liña se difumina ata desaparecer. E aí, onde uns ven vilans outros ven heroes sen pararse a analizar nin o máis mínimo rasgo da información.
Pechan Radio Neria e todos acusan a Industria por preocuparse dunha minúscula emisora municipal no máis recóndito da fin do mundo. Pero poucos ou ningún se preguntan en serio quen chamou a Industria para que 16 anos despois da posta en marcha da emisora “se preocupase” por se tiña tódolos papeis en regra, todas as instalacións conforme a dereito. ¿Quen?, ¿Por que?. Preguntas xornalísticas que quedan sen resposta.
Estou seguro de que nos quedan moito por ver e oír e agardo que as árbores nos deixen ver o bosque. Hai moito que saber aínda. Moito que preguntar.
Só esta maldita indiferenza que nos atenaza nos impide tomar ao asalto o edificio da dignididade que nos privan de ocupar personaxes sinistras cheas de segredos inconfesables. A maldita indiferenza.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.