Mouseland

Ata o pasado martes non coñecía de nada a Tommy Douglas. Este político canadiense, falecido no 1986, definíu nun discurso no parlamento de aquel país o mundo no que vivimos, a sua política de feitos consumados, de dura estratexia de autodestrución, o capitalismo e moitas cousas máis dun xeito tan claro que non merece matices. En Youtube tedes colgado un video baixo esa denominación que escenifica con claridade do que falo. Recomendo a sua visión, o igual que agradezo a quen mo enviou por termo remitido.

É certo. Vivimos no país dos ratos e nos goberna un gato. Ben, algún máis, dado que a elite da que tantas veces teño falado, esa que di o que esta ben e o que esta mal, sexa un de dereitas, de esquerdas ou de centro, esa elite marca tamén quen e por que debe ser seguido. E marca tamén quen é un heroe e quen non o é. Quen merece atención e quen desprezo, a quen vale a pena seguir e quen non é mais que un “perroflauta” sen interese real.

A elite é flexible. Agora os do 15M son una banda, agora son un fato de descontentos e agora son una masa crítica digna de ser tida en conta e respetada (aínda non chegamos a este punto, pero a este paso tardará). A elite se flexibiliza e acepta no seu seo a aqueles os que considera lixeriamente perigosos, e destrúe sen miramentos a aqueles perigosos de verdade para a estabilidade do sistema, para o “status quo”. Defende as bases dun sistema caduco a base de frases valeiras “el sistema que nos hemos dado” ou “el respeto a las reglas del juego”. Nin é un xogo, nin nolo demos nós, nin existe una miga de respeto entre aqueles que este tipo de frases utiliza. Nada. Cero. Niet.

Gatos e ratos nun mesmo territorio onde os gatos mandan e levan sempre as de gañar. A min non me representan nin representan a ninguen con menos de 6.000 euros de saldo na sua conta e medios para obter una cifra similar ao mes. Non me representan a min nin tampouco a ti, nin a ti, nin a ninguén que coñezamos. Ninguén que teña menos de 51 anos estivo en disposición de votar a Constitución e ninguén que eu coñeza tivo nunca influencia real nesta elite (dado que non coñezo a ninguén amigo persoal do Botin ou Francisco Gonzalez, auténticos directores deste conto e dos bancos Santander e BBVA, debo supoñer que non coñezo a ninguen que realmente influa en nada).

Así que si, realmente, son un rato. Un simple, minúsculo, cheirento e prescindible rato que, coma os demais, esta aquí para producir ou ser comido polos auténticos xefes de todo; os gatos, sexan estes de cor azul, vermella ou gatos nacionalistas. A fin e a postre se trata de gatos.

Agora ben, ¿quen lle pon o cascabel?. Esta visto que non basta con iso. O cascabel, ás veces, non serve de nada si os ratos, ademais de ratos, son xordos. Hai que ser máis evidente, cascabel, serea, bocina e sinais luminosos colgados do gato para que quede claro que se trata de gatos contra ratos e non de ideas, ou plantexamentos políticos ou de propostas en rol da comunidade. É chegado o tempo dos heroes. Así de simple. Pero, ¿que heroes?

Os heroes en Grecia se miden polo numero de cocteles molotov que poden lanzar nun minuto contra a policía na Praza Sintagma. En Siria os heroes se colocan entre as balas e as mulleres que protestan na capital e en Exipto os heroes caeron baixo os coitelos dos infiltrados de Mubarak. En Libia os heroes cargan fusil de asalto e xa non son heroes senón soldados e en Palestina, ás veces, levan amarrado un cinto de dinamita a cintura e morren por cuestións que nada teñen que ver coa heroicidade. Cales serán os heroes aquí?. ¿De que clase?

Dick Winters (senón sabedes quen é buscadeo), ex militar dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, ten una frase fantástica para resumir o que el consideraba ser un heroe. A preguntas dos seu neto que una vez lle dixo “Avó, ¿ti fuches un heroe?” el respostou “Non, pero servín na compañía dos heroes”.

Pois iso. Agardo estar na compañía deles algún día. Teñan a cara que teñan, fagan o que fagan e por moito que a elite considere as súas accións “inadecuadas” ou “antidemócratas” na vez de heroicas. E agardo que eles, os heroes, saiban ser tal e non o esquezan os 15 días polo ben do “partido”.

Agardo polos heroes. Falta fan.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores