Notas de Cata (I)

Bueno, xa ía sendo sen hora de sacar outro destes capítulos de “Como aparentar que sei de viños, aínda que non teña nin idea”.

Empezamos agora cunha serie dedicada á cata dun viño. Despois de estes capítulos, o que nos acompañe tomando un viño vai pensar que somos colaboradores da Guia Parkers, ou os primos de Peñín que fan a guía Repsol.

Para empezar imos a definir o que é catar un viño. Catar, ademais dun país do Oriente Medio cuxa capital é Doha, viría sendo a descrición de todas as características dun viño, utilizando os cinco sentidos. A cata ten un protocolo e orde de facer as cousas, que o distingue dunha simple degustación.
O primeiro que se describe sempre é a vista, na que se fai unha valoración descriptiva das cores dun viño.
A segunda é o olfato, na que se describen os aromas do mesmo, para finalizar coa boca, na que o sentido do gusto é o que manda.
Oído e tacto tamén teñen o seu pequeno espazo na cata, coa caída do viño na copa, coma exemplo para o oído ou o tacto na entrada na boca, temperatura, etc… Pero salvo que sexan desastrosas, non soen ter muito protagonismo nunha cata.

Moi importante non confundilo como falamos antes con “degustar”, que ven sendo levantar unha copa de viño, saborealo, e decir “hmmmm que bó está…!” ou “Dios… isto non hai quen o trague…!!” con todos os seus conseguintes grados intermedios.

Básicamente hai dous tipos de catas:

As Ilustradas, que son as catas nas que nos sirven un viño a botella descuberta, nas que un catador máis experimentado, ou máis coñecedor de ese viño, nos vai describindo as características do mesmo o tempo que o degustamos. Estas catas son cas que nos agasallan, por exemplo, cando visitamos unha bodega, ou cando un distribuidor presenta os seus viños, ou cando se fai un curso de cata. Estas son catas ideais para descoñecedores de este mundo, por que é coma se nos fosen describindo o que podemos atopar no viño, coma quen nos dí as palabras que podemos atopar nunha sopa de letras. Así está chupao…!!
Ademais, podes facer trampa buscando antes este viño nas guias anteriormente nomeadas, ou na internet, onde hai información abonda, e asentir e compartir os descubrimentos do catador que nos guía con rotundidade, ou incluso adiantandose a él nalgunha destas valoracións. Con isto conseguirás quedar coma un excelso catador de viños, todos pensarán que eres un entendido da materia ainda que non teñas nin idea, e incluso o ilustrador da cata non dubidará en compartir contigo unha charla unha vez finalizada esta, na que repasaredes as características dos viños degustados coa mesma paixón coa que se fala dun partido de futbol, ou dunha película recien estrenada. Precisamente aquí en Corcubión hai un clube de viños con catas ilustradas ó que a todos vos recomendaría que vos unirades. Pensade que o viño é cultura, e sempre é interesante ser un pouquiño máis culto.

Por outra parte están as Catas cegas. Estas son totalmente distintas en canto a que son individuales, coas botellas oculta dentro dun cartucho de cartón para que non influa no catador a marca ou a presentación, e rematan con este xeralmente escupindo o viño, posto que si se trata dunha cata de “os 50 mellores…” o noso amigo catador non chega o decimo viño nun minimo de condicións.
Estas catas soen estar compostas por comités de cata, coma unha especie de xurado, que puntua os viños, e acaba dandolle unha valoración. Estas catas son as que se fan para os concursos, ou incluso para que un viño poida levar a contraetiqueta dunha denominación de orixe, ou tal compañía aerea para decidir que viño sirven a bordo.
Tamén son estas as catas que se fan para concursos de catadores ou sumilleres, nas que lles sirven uns viños ocultandolles calquera dato, i estes teñen que acertar de que viño se trata, variedades, elaboracións, denominacions de orixe, etc… vamos, auténticos exames. Estas catas está ben coñecelas, saber como se fan, pero dubido que muitos de vos se vexan en tal trance ó longo da súa vida; a non ser que sigades punto por punto todo o que falamos nestes artigos, posto que terees a todo o mundo engañado creendo que sodes uns expertos enofilos e non dubidarán en contar con vos para elexir que viño servimos nunha boda, ou nunha inauguración.

Pasos a dar

Entón xa sabes, se queres que pareza que controlas de viños, aínda que non teñas nin idea:

  • Cómprate a Guía Parkers, a Guia Peñín e a Guía Campsa e estudiate os viños que habitualmente vas consumir, ou degustar cos teus amigos e familiares. Se non tes cartos, en internet, e mesmo nas contraetiquetas de moitos viños tes toda a información que necesitas.
  • Se non atoparas un viño, ou non leva a súa cata na contraetiqueta, un semellante cas mesmas variedades e da mesma denominación de orixe tamén nos valería, posto que, por por un exemplo, un mencía é un mencía, e un verdejo, é un verdejo e as suas características máis reseñables son sempre as mesmas.
  • Se vas de viños cos amigos, recorda que vas e viños, ou a degustalos, pero nunca a catalos; quedarías coma un pedante. Mesmo así sempre poderíades soltar algunha guinda coma “hummm, como se lle nota a madeira…!” ou tamén “non lle notades este saborcito a piña…?”. Quedarán impresionados e notaras coma buscan o que ti lles acabas de descubrir coma se dun guia espiritual te tratases.
  • Fai un repaso de estas guias antes de acudir a unha cata ilustrada e sorprende os demáis comensales coas túas valoracións sobre eses matices que ti tan claramente descubres e asinte con rotunididade ás valoracións do ilustrador da mesma.
  • Move o viño e levao ó nariz sempre antes de darlle un trago, e fai chasquidos moi evidentes coa boca cada vez que bebas…
  • Se os viños a catar son muitos, controlate e non bebas demasioado, ou incluso non dubides en escupir o viño, a non ser que sepas que unha vez finalizada a cata te van a levar para casa ou teñas cartos para un taxi.

Artigos de Quique Portela en Parece que sei de viños

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).